• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

"Lidera o teu camiño cara o éxito".

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

AJE Galicia organiza co apoio da Área de Economía do Concello de Santiago, este seminario que ten como obxectivos  é dar as chaves para: romper e cambiar hábitos, transformar os temores en poder e enerxía, relativizar as dificultades do camiño e adaptarse aos retos con confianza plena.

"Non é unha crise, é un cambio estructural"

 

A conferencia será impartida por Fernando Sánchez Salinero, consultor especializado no deseño e desenvolvemento de proxectos así na súa comunicación e na súa mellora comercial. Toda a súa vida profesional desenvolveuse no mundo da empresa. Formou e dirixiu numerosos equipos comerciais, destinando os últimos anos de carreira á formación e desenvolvemento de directivos, empresarios e equipos de vendas.

"Non é unha crise, é un cambio estructural"

O edificio municipal Cersia acollerá o vindeiro xoves ás 12:00horas a conferencia “Non é unha crise, é un cambio estructural”, que se enmarca no programa da Área de Economía do Concello Santiago Investors Support. As temáticas concretas que se analizarán son: Chaves para entender os cambios que vivimos e aproveitalo ao noso favor; como pode sobrevivir unha peme á situación actual; cales son os segredos para triunfar no século XXI.

WEBMARKETING: EMPRENDER NA REDE

Internet é un mundo potencialmente infinito, un espazo sen límites que creou novas regras no mercado e na vida de todos. A potencia e a influencia que este medio ten pódese medir simplemente notando como en menos de dez anos a  metade das horas da vida da maioria da xente no mundo occidental convertéronse en horas “conectadas”. Traballo, estudos, documentos, información, aficiones, ocio, política, interacción social...todo móvese a través de ordenadores e outros aparellos conectados á rede.

PREMIOS AO COMERCIO COMPOSTELÁN 2013

Os comercios poderán optar a unha ou varias das seguintes categorías:Comercio de BarrioPremiarase ao comercio que, por votación popular, destaque pola súa traxectoria nos barrios e por prestar ese valor engadido de confianza e trato familiar que caracteriza aos negocios de proximidade. 
Aspectos a valorar:
  • Compromiso e participación nas actividades sociais e veciñais
  • Trato personalizado e “familiar” cos clientes
Comercio AgarimoPremiarase ao comercio que, segundo as votacións dos propios clientes, destaque pola súa amabilidade, simpatía e servizo posvenda.