• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROXECTO VITAMÍNA-T

O proxecto Vitamína-T, organizado pola Asociación Club Emprende MAS grazas ó programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, consiste na realización dunha serie de actividades encamiñadas a dotar á mocidade da motivación e das habilidades precisas de cara ó seu futuro. O obxectivo final é promover actitudes innovadoras e proactivas no noso entorno.

Programa:

Este proxecto está integrado por 4 fases:

·         Fase 1: Toma de contacto(9 de outubro, Facultade de CC.EE. e Empresariais, 12:00 – 14:00 horas)

Consiste nunhamacrocharlamotivacional e dinámica na que contaremos coa presenza de:

Roberto Pérez Marijuan–Socio Consultor e Director Comercial de Visual Publinet

Santiago Martínez – Profesional da Oratoria

Álex Pardo - Monologuista

·         Fase 2: DesignCompetition (19outubro, 11:00 – 13:00 horas)

Consiste na superacióndun reto emprendedor empregando a creatividade e a imaxinación.Nesta fase contamos cunha serie de retos plantexados por empresas reais. Se queres darte a coñecer aportando o mellor de ti mesmo ¡este é o teu momento!

·         Fase 3: DesignThinking(22outubro, Edificio Cersia, 16:00 – 20:00 horas)

Unha vez superado o DesignCompetitioncomeza esta fase, na que un profesional fará una dinámica de “Pensamento de Deseño”. Ditoworkshop é unhametodoloxía aplicable a calquer ámbito que requira un enfoque creativo baseado nos principios de empatía, imaxinación, experimentación, prototipado colaborativo, pensamento integrador e aprendizaxe interactivo.

·         Fase 4: Posta en común (26 outubro, 11:00 – 13:00 horas)

Consiste na posta en común do aprendido durante as diversas fases anteriores, na exposición dun vídeo resumo das mesmas e na realización dunnetworking. Buscamos poñervos en contacto con emprendedores, empresarios e representantes de institucións a fin de que poidadesxerarsinerxiascon eles.

Entre os que cheguedes a esta fase sortearemos unha Tablet libre BlusensTouch 90.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Mocidade entre 18 e 35 anos

Requisitos