• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

https://santiagodecompostela.gal/gl/noticias/goretti-sanmartin-e-maria-rozas-reafirman-o-compromiso-do-goberno-coa-economia-social-na

 Desta maneira, nese espazo están representadas case 800 entidades que, tal e como destacan desde EspazoCoop, simbolizan unha nova forma de traballar en rede, desde a cooperación e a suma de esforzos para avanzar cara unha sociedade máis xusta e equitativa.

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” pon o foco este mes na saúde e na economía circular

Na visita, a concelleira volveu poñer en valor a campaña “que segue demostrando o enorme valor engadido que tén o pequeno comercio de Santiago e a súa vertente solidaria e capacidade para construír comunidade”. María Rozas salientou tamén a calidade das tendas de proximidade, “da que é un claro exemplo D´Aldea que ademais traballa produtos ecolóxicos e de proximidade que tamén debemos reivindicar”.

Volven os Bonos Corazón: máis orzamento e dúas convocatorias, a primeira delas xa en maio

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalaría local, a través dos Bonos Corazón Compostela 2025. É o primeiro paso para a posta en marcha da campaña, que conta cun orzamento total de 600.000 euros que se distribuirán en dúas fases: a primeira a comezos de maio e a segunda en outubro.

María Rozas reivindica un "novo modelo económico que priorice as persoas" nos VII Premios CEGASAL

 

 

 

                 Na súa intervención, a concelleira lembrou que "queda un longo camiño que percorrer, porque só o 35% das persoas con discapacidade en idade laboral en España son poboación activa e só o 28,5% teñen un traballo". María Rozas lembrou o     compromiso do Concello de Santiago neste sentido e tamén a firme aposta do Goberno pola Economía Social, "polas iniciativas que demostran que a actividade económica pode ser rendible e socialmente xusta". 

Galicia Distrito Industrial: startups e industria cara a un novo país

Nesta xuntanza, organizada pola asociación Startup Galicia, nos achegaremos a un tecido de empresas galegas innovadoras, internacionalizadas e con alto valor engadido e conversaremos sobre como as startups poden impulsar a innovación e transformar o país, aproveitando o coñecemento e os recursos dun territorio con forte tradición produtiva e industrial.

As entradas para a actividade están xa dispoñibles a un prezo de 5€ e incluirán a posibilidade de
desfrutar dun viño a continuación do debate no que continuar as conversas entre os participantes.

Resolución da concesión da convocatoria 2024 de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela 2024

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 31  de decembro de 2024 adoptou o seguinte
acordo:
Concesión da Convocatoria de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela 2024.

Pódese consultar a totalidade do acordo no documento adxunto en PDF

 

Santiago presenta un proxecto de 20 millóns de euros para transformar o norte da cidade con equipamentos e proxectos de mellora ambiental, urbana, social e cultural

As actuacións responden a necesidades funcionais e xerarán contornas máis habitables, resilientes e socialmente equitativas, contribuíndo de maneira significativa aos desafíos que propón a Axenda Urbana “Esperamos poder conseguir a maior cantidade posible dos fondos solicitados, destes 12 millóns para un investimento de 20 e agardamos con iso poder dar un salto nunha transformación que sen lugar a dúbidas será crucial para Compostela”, proclamou Goretti Sanmartín.