• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XORNADA FORMATIVA "TÉCNICAS DE VENDA"

No marco do programa Santiago Investors Support organízase esta Xornada Formativa de 8 horas de duración centrada no coñecemento das técnicas que permiten abrir mercado, localizar posible clientela, pechar o proceso de venda e fidelizar.

Celebrarase o día 17 de outubro no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) , en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

Programa:

  1. Atrévete a sair e coñecer xente
  2. Confianza, paciencia e ilusión. O tridente das vendas
  3. Prodúcete. O camiño cara a excelencia 
  4. Céntrate no que tes enfronte
  5. Fideliza para toda a vida
  6. Escola de sedución. Mercadotecnia e neuromercadotecnia
  7. Redes de sedución. A conquista ON/OFF line
  8. O efecto Cupido ou como seducir en 3 minutos.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial, estudantado universitario ou de formación profesional e persoas desempregadas de Santiago de Compostela

Requisitos

Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 14 de outubro ás 14:00h