AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS E O LANZAMENTO DE NOVAS LIÑAS DE NEGOCIO URBANA SANTIAGO NORTE
Esta convocatoria de axudas está aberta tanto a emprendedores que comezaran o seu proxecto empresarial entre o 1 de xuño de 2012 e o 31 de xullo de 2013, como aquelas empresas xa creadas anteriormente, pero que neste período desenvolveran novas liñas de negocio ou implantaran novas ferramentas de xestión empresarial.
Os criterios de concesión das axudas dan especial importancia na valoración das solicitudes á contribución ao desenvolvemento económico da zona e á creación de emprego.
O prazo de solicitude das axudas abriuse o pasado día 10 de agosto, coa publicación da convocatoria no boletín oficial provincial, e remata o 20 de setembro de 2013
Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter a súa sede social, fiscal e de actividade na Zona Urbana Santiago Norte do Concello de Santiago, segundo figura no Anexo VII..
2. A súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.
3. Para as empresas que xustifiquen gastos de creación de empresa esixiranse ademáis os seguintes requisitos:
· iniciar a súa actividade entre o 1 de xuño de 2012 e o 31 de xullo de 2013. Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso no censo de obrigados tributarios.
· Non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
Non poderán ser persoas beneficiarias da presente subvención as persoas xurídicas resultado da fusión doutras pre-existentes que non cumpriran os requisitos previstos na presente cláusula, así como os solicitantes que se amparen para acreditar o cumprimento da condición de beneficiario en meros cambios de denominación, domicilio social ou calquera modificación nos estatutos