• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminarios Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte

A Concellaría de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados convoca, no marco do programa Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) tres seminarios de capacitación para o emprendemento, denominados Emprendedoors. Abrindo portas ao emprendemento en Urbana Santiago Norte

Estes seminarios estan dirixidos a persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial no territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte, teñan xa iniciada unha actividade neste mesmo territorio de antigüidade non superior á tres anos ou estando empadronadas no territorio urbana Santiago Norte queiran adquirir as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora.

Celebraranse tres seminarios

Ø  Dous seminarios presenciais, compostos de 60 h de capacitación emprendedora en horario de luns a venres de 10:00h a 14:00h  e de 16:00h a 20:00h

Ø  Un grupo on line con 60 horas de fomación online co gallo de facilitar a participación de aquelas persoas que por ter xa iniciada a actividade empresarial ou ben pola súa situación sociofamiliar ten problemas para participar nos seminarios presenciais.

En ambos casos o programa teórico é o mesmo:

-Trámites administrativos para a creación de empresas

-Rexímenes societarios

-A responsabilidade funcional na empresa

-A túa idea empresarial

-O teu produto o servizo

-O teu mercado e a túa competencia

-As túas necesidades de aprovisionamento e distribución

-Os valores humanos da túa empresa

-Os sistemas técnicos e tecnolóxicos da empresa

-Finanzas para non financeiros

-Fiscalidade para non facendistas

-O teu plan de marketing

-Comercialización e estratexias de venda

-Subvencións e acceso ao capital

-Comunicación e publicidade

Esta programación teórica complétase nos casos dos seminarios presenciais coa realización en horario de tarde dun Laboratorio de prácticas para emprendedores/as no que as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer os diferentes barrios do urbana Santiago Norte, así como as actividades empresariais dos mesmos. Os luns e mércores visitaranse as distintas rúas para estudar as oportunidades de implantación, valorar o movemento de persoas e clientes nos establecementos, etc. Ademáis celebrarnse encontros entre os posibles emprendedores e os empresarios xa instalados no entorno. Os martes, realizarase a actividade “Cartelera emprendedora” na que se visionarán audiovisuais que servan de base para celebrar cin froums moderados dos que poder extraer ensinanzas de negocio útiles para as persoas emprendedoras. Os xoves adicaranse a actividades de dimulación para entrenar as habilidades precisas para afrontar o día a día dunha empresa. Os venres gravaranse os contidos específicos a colgar na webTV que recolleran pequenas grabacións nas que as persoas participantes contan cousas sobre a súa idea empresarial, como vai madurando e os consellos que lle gustaría trasmitir a outras persoas que no futuro desexen emprender.

Por último  os seminarios completaránse co asesoramentos ás persoas emprendedoras participantes nos seminarios de capacitación para a constitución dos seus proxectos empresariais. Na última semana de cada módulo de capacitación, realizaranse 16 sesións de coaching individualizadas a distancia (unha por proxecto) e catro sesións de coaching grupal. En total comportarán 20 h máis de capacitación para as persoas participantes.

Datas de realización dos seminarios:

Grupo 1: Do 16 de setembro ao 4 de outubro de 2013

Grupo 2: Do 7 ao 25 de outubro de 2013

Grupo 3 On line:  do 4 ao 30 de novembro

 

Horarios:

De luns a venres de 10:00 a 14:00h e martes, mércores e xoves en horario de 16:00 a 20:00h para as prácticas no territorio.

Comunicación da admisión

A admisión ao curso se comunicará por email  e por teléfono unha vez rematado o prazo de inscrición ao mesmo.

Diploma acreditativo

Emitirase diploma acreditativo da participación nos seminarios sempre a cando se asista como mínimo ao 80% das horas programadas.

A presentación da solicitude implica a aceptación das presentes bases

O Concello de Santiago reservase o dereito a modificar por necesidades do servizo e para un mellor funcionamento do programa as datas concretas de realización das citadas actividades, circunstancia que sera comunicada ás persoas participantes. 

Documentación requerida

A inscrición realizarase por rexistro cumplimentando o formulario correspondente. Este formulario está dispoñible nas webs www.cersiaempresa.org; www.urbanasantiagonorte.org, www.santiagodecompostela.org así como na Oficina de Atención á Cidadanía, Oficina do Proxecto Urbana Santiago Norte e CERSIA Empresa. O formulario acompañarase dunha fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante así como da documentación que acredite á pertenza aos colectivos preferentes. Será suficiente con indicar o empadronamento no territorio Urbana Santiago Norte no formulario, este feito será comprobado polo Concello de Santiago.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Colectivos destinatarios da acción: Ø Persoas empadroadas no territorio do Urbana Santiago Norte Ø Promotores de iniciativas empresariais de non máis de 3 anos de antigüidade localizadas no territorio do Urbana Santiago Norte Ø Persoas que teñan un proxecto empresarial a iniciar no territorio do Urbana Santiago Norte.

Requisitos

Criterios de admisión: Será requisito necesario a pertenza a un ou máis dos colectivos preferentes para poder participar nesta actividade. Por cada colectivo preferente no que se poda encadrar a persoa solicitante outorgaráselle un punto. En caso de empate, este resolverase atendendo á orde de entrada en rexistro da solicitude.