APOSTA POLO TEU PERSOAL: INTELIXENCIA EMOCIONAL E ESPECIALISTA EN COACHING
Confiamos nas persoas e na súa capacidade para transformar esas ideas en proxectos de negocio económicamente viables pero baixo unha nova percepción sustentada na colaboración, xeración de sinerxias e desenvolvemento persoal en disciplinas transversais que se traballan ao longo de todo o programa como: a creatividade, a anticipación, a motivación e a flexibilidade…. e sobre todo a colaboración durante todo o proceso de emprendemento. Todas elas tanto co marco común das titorías; como dos distintos módulos que se vaian desenvolvendo…
Somos conscientes da soidade das persoas emprendedoras, da necesidade de asesoramento e acompañamento durante todo o proceso e da súa importancia
Por iso o que propomos é acompamento durante todo o proceso e a xeración de dinámicas para fomentar o apoio interno e complementación entre todos os participantes no programa.
Programa:
MÓDULO 1
A idea empresarial e o plano de negocio, no caso de novos proxectos emprendedores, ou Plano Estratéxico, no caso de negocios existentes.(20 horas) Desenrolo do Plan Estratéxico en base aos coñecementos adquiridos durante este e os seguintes módulos.
- A idea de negocio. Factores de diferenciación.
- O proceso de produción ou de prestación do servizo.
- A realidade do meu mercado.
- Cómo facer que merquen o meu producto.
- A forma xurídica máis axeitada para o meu negocio.
- Xestión dos recursos humanos. ¿Colaboracións ou contratacións?
- Estudo económico financeiro do proxecto.
- Cronograma para a posta en marcha do negocio.
- Subvencións públicas e líñas de financiamento
Titoría 1 e Titoría 2. Unha hora hora por proxecto e titoría.
MÓDULO 2Novos Modelos de Negocio: Marketing, Social Media e Web no mundo da empresa. Innovación Disruptiva e novas posibilidades aplicadas ao negocio. (20 horas)
- A web e a súa importancia no negocio.
- E-commerce, venta online e novas canles de comercialización de productos e servizos.
- Redes Sociais e Medios Sociais. Plan Social Media, principais canles, elaboración da estratexia e manexo dos mesmos. Newsletter e APPS Sociais.
- Novos xeitos de promoción, novo contexto e novos xeitos de comercialización.
- Innovación Disruptiva.
- APPS Móbiles
- SEO/SEM/ e campañas de promoción cruzadas
- IBeacons e novos sistemas e campañas de promoción por Xeolocalización. ( aplicación a negocios con sede física)
- Breve repaso ao branding, a marca, as súas posibilidades e como desenrolalo e conxutar o online e o offline.
Titoría 3. Unha hora hora por proxecto e titoría.
MÓDULO 3
A marca persoal no emprendedor. Descubrirnos, crer en nos e medrar en base a eso aportando ao noso negocio.
(20 horas)
- Aproximación á marca persoal para emprendedores. Exemplos prácticos
- O noso perfil como emprendedores, análisis DAFO
- Matriz DAFO personal e modelo PBSC
- Os nosos obxectivos: ¿hacia onde queremos ir? ¿cómo queremos ser vistos?
- Innovación Disruptiva.
- Estratexia en base ao noso perfil para acadar os obxectivos. Accións de mellora.
- ¿ Cómo me vexo, cómo me ven??? ¿ cómo son?
- Reputación (v) Marca Persoal. O Packaging.
- O fenómeno 2.0 como aliado ou inimigo na comunicación da nosa marca. Identidade Dixital.
- A influencia do Networking na marca persoal.
- O extracto persoal.
Titoría 4. Unha hora por proxecto.
MÓDULO 4
Motivación para o emprendemento (8 horas)
- A IE como factor de diferenciación
- A importancia de desaprender no proceso de aprendizaxe
- Cómo pode mellorar o empresario a xestión das súas emocións
- A búsqueda da misión
- A definición dos obxectivos
- Identificación dos valores da empresa
- Desrutar cos cinco sentidos
- Consellos para un bon emprendemento
- Experiencias doutros emprendedores
Titoría final. Unha hora por proxecto
SESIÓN GRUPAL 1: A xestión da emocións no negocio (4 horas)
SESIÓN GRUPAL 2: Comunica e proxecta o que es (4 horas)
SESIÓN GRUPAL 3: Abre ben as orellas. Traballa en equipo (4 horas)
O programa inclúe ademáis das 80 horas de formación, 5 titorías individualizadas con cada persoa participante, cuxo horario será fixado pola persoa participante e o persoal docente do mesmo.
A actividade realizarase nas instalacións do edificio municipal no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) nas seguintes datas:
SETEMBRO:
26 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00 horas
27 e 28 de setembro en horario de 9:00h a 14:00h.
OUTUBRO:
3, 4, 5, 6, 7, 10, 11, 13, 14, 17 e 18 de outubro en horario de 9:00h a 14:00h
NOVEMBRO:
2, 3 e 4 de novembro en horario de 16:00h a 20:00h.
Ofrécense 15 plazas.
- Persoas que teñan unha idea de negocio que queiran transformar nun proxecto empresarial.
- Persoas que teñan en marcha un proxecto empresarial nunha situación de maior ou menor dificultade que queiran reenfocarlo dalgún xeito e adquirir a motivación e as ferramentas precisas para elo.
- Persoas que non tendo proxecto empresarial desexen adquirir os coñecementos precisos para poder aplicar no futuro.
Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 21 de setembro de 2016 ás 14:ooh
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.
A selección será por orde rigoroso de inscrición.