• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SEMINARIO APOSTA POR TI: REDES SOCIAIS E NETWORKING PARA PROFESIONAIS LIBERAIS

No marco do programa Santiago Investors Support organízase este seminario de 40 horas de duración que ten como obxectivo formar a freelances e profesionais liberais independentes na contrucción e xestión TIC da súa marca persoal.

Os temas que se tratarán son:

  • Autoemprego 2.0
  •  Construir a marca persoal
  • As redes sociais xeneralistas e sectoriais
  •  Buscar empregos e proxectos en internet
  • A web
  • Blog do profesional
  •  Networking empresarial.

A actividade realizarase nas instalacións do edificio municipal no CERSIA Empresa (Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n, San Lázaro) os días 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de novembro en horario de 16:00h a 20:00h.

Ofrécense 16 prazas

Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Empresariado, traballadores/as en activo  e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela.

Requisitos

Inscrición no formulario web nesta mesma páxina. O prazo de inscrición remata o día 28 de outubro de 2013 ás 14:ooh

A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a.

A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas  tamén por orde de inscrición.