Novos obradoiros formativos en novembro no Espazo Maker Compostela
O Espazo Maker Compostela, aberto na Casa das Asociacións de Cornes, ofrecerá novos obradoiros no mes de novembro para seguir impulsando a innovación e a creatividade entre a veciñanza e apoiando á comunidade maker de Santiago. Todas as actividades, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, son de balde.
O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas.
Despois dos obradoiros realizados no mes de outubro, realizaranse ao longo do mes de novembro outra serie para seguir apoiando a aprendizaxe da a Comunidade Maker de Santiago de Compostela en diferentes materias, como Electrónica, Programación ou Deseño 3D.
Espazo Maker Compostela que ofrece todo o material e ferramentas precisas para a realización das accións formtivas funciona na casa das Asociacións de Cornes
As actividades programadas promoverán a dinamización social e económica, creando un punto de encontro para profesionais, emprendedores/as e cidadanía interesada na tecnoloxía e a innovación. Isto fomentará a creación de redes de colaboración e potenciará o ecosistema innovador local.
A posta en marcha do Espazo Maker Compostela contribúe aos obxectivos establecidos na Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, promovendo a innovación, a sostenibilidade e a participación cidadá e da cumplimento ao establecido na liña de acción da dimensión 1 Diversificación Económica, Santiago Hub tecnolóxico:
“MediaLab Compostela ou espazo maker, que podería ser sede permanente da Maker Faire Galicia: un laboratorio de tecnoloxía e deseño concibido como un espazo aberto de creación e experimentación cidadá, que ofrece coñecemento, tecnoloxía e lugares para facilitar procesos de aprendizaxe, crear coñecemento, experimentar e desenvolver proxectos, promovendo e alimentando comunidades e redes locais como elementos clave na transformación social “
O Espazo Maker Compostela, permitirá a participación cidadá en actividades de innovación e creatividade tecnolóxica. Buscase consolidar este espazo Maker como un referente en Santiago de Compostela, alineado cos obxectivos de desenvolvemento e modernización establecidos pola Axenda Urbana 2030.
O espazo abre de xeito habitual os venres de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 20 horas durante os meses de xullo, setembro, outubro e novembro de 2024.
As persoas interesadas poden inscribirse en espazomaker.werobots.org a todas as actividades previstas para o mes de novembro así como propoñer as acción formativas que lles gustaría que se desenvolvesen no espazo a partir do mes de novembro.