• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Modificación prazos axudas proxectos promoción e dinamización Xacobeo 2021

Os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.

Selo "Compra do noso"

Baixo o lema “Compra do noso”, o Cluster quere comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara o obxectivo común de salvar o tecido industrial e comercial galego. Consideran que apostar polo consumo local “é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego”.

A marca pódese a adaptar a cada tipo de servizo ou produto con diferentes variantes (Le do noso, Viste do noso…) encargándose o Cluster da Comunicación de Galicia de adaptar a marca de balde a todas as súas variantes.

Selo "comercio de confianza"

Cunha sinxela e rápida tramitación telemática para achegar a documentación requirida e unha declaración responsable de elaborar o correspondente Protocolo de actuación en materia de seguridade e hixiene, o comercio obterá un distintivo que acreditará ante os clientes que o establecemento cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura.

Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social

A orde ten por obxecto o establecemento do réxime de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante, e realizar a súa convocatoria para os exercicios 2020, 2021 e 2022.

Cooperativas: destino do Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade

Autorizase, ao abeiro do artigo 68.2.f) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, as cooperativas galegas que así o determinen en aplicación das liñas básicas fixadas polos estatutos ou pola asemblea xeral, para destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade, exclusivamente durante o exercicio 2020, para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19

Devolución de gastos e concesión de axudas por cancelación de actividades de promoción internacional

  1. Habilítase a ICEX España Exportación e Investimentos para a devolución ás empresas que incorresen en gastos non recuperables nesta ou futuras edicións, das cotas pagas para a participación nas feiras, ou outras actividades de promoción de comercio internacional, que fosen convocadas pola entidade, cando estas sexan canceladas, gravemente afectadas ou aprazadas polo organizador como consecuencia do COVID 19.

Plan integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia

PROGRAMA:

10.15 h Acto de sinatura do convenio

11.00 h Intervencións

A situación das coníferas en Galicia

Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Importancia ecolóxica e cultural dos piñeirais

Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.

Reverdecer desde as cinzas. Reconstrución de vivenda rural

Juanjo Otero, MOL Arquitectura.

A madeira de piñeiro como material sostible. Visión do consumidor final