Plan integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia
A Cidade da Cultura acolle o vindeiro martes, 24 de outubro, a Xornada “Plan Integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia”. No marco desta cita asinarase un acordo para o impulso do piñeiro en Galicia. Este convenio compromete, libre e voluntariamente, a desenvolver un plan de traballo que persegue, fundamentalmente, tres obxectivos: recuperar a superficie dedicada a coníferas en Galicia; mellorar as masas existentes e promover o consumo de madeira de conífera galega. Terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC na Cidade da Cultura e comezará ás 10:15 horas
PROGRAMA:
10.15 h Acto de sinatura do convenio
11.00 h Intervencións
A situación das coníferas en Galicia
Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.
Importancia ecolóxica e cultural dos piñeirais
Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.
Reverdecer desde as cinzas. Reconstrución de vivenda rural
Juanjo Otero, MOL Arquitectura.
A madeira de piñeiro como material sostible. Visión do consumidor final
Julio Rodriguez, director tenda de Leroy Merlin.
12.00 h Presentación do Plan e do Convenio sectorial
José Carballo García, conselleiro de Financiera Maderera S.A.
Francisco Dans del Valle, director da Asociación Forestal de Galicia
12.30 h Clausura
José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia
Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
13.00 h Viño galego