• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para mellorar a promoción e comercialización dos produtos da apicultura

Beneficiarios:

  • Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, de 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para ser beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.

Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, os apicultores, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os requisitos que marca o artigo 3 da Orde.

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñados a acadar os obxectivos das  liñas de actuación descritas no artigo 2 da orde.

Data fin do prazo de Inscrición