A Xornada de Promoción das Cooperativas Galegas nos Mercados Gastronómicos celebrarase o 22 de xaneiro en Santiago
Por este motivo, e debido ás posibilidades comerciais dos produtos galegos, as cooperativas poderán participar no dito evento, que terá lugar na Praza de Abastos de Santiago de Compostela o vindeiro 22 de xaneiro.
A xornada está dirixida a prescritores profesionais, neste caso, aos equipos xestores e programadores de actividades dos principais Mercados Gastronómicos (Madrid, Barcelona, Bilbao, Valladolid, Sevilla, Códrdoba e Murcia) xa que son grandes espazos de lecer onde a xente se reúne para gozar do seu tempo libre da man da gastronomía.