Subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial
As axudas á realización de actividades de dinamizacion comercial teñen como obxectivo potenciar actuacións de formación e capacitación comercial, promover a creación de novas iniciativas comerciais, contribuír á creación de espazos de paseo e ocio na cidade, e promover melloras para os comercios en activo en catro áreas: na implantación de sistemas de calidade, en novas liñas de negocio, en atención ao público e en aforro enerxético e desenvolvimento sostíbel.
As Bases reguladoras da concesión de subvencións á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago establecen como actuacións subvencionables as realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2010. É dicir, o 15 de novembro será a data límite para executar e xustificar as actuacións que fosen obxecto da subvención. Considéranse subvencionabéis as actuacións relacionadas coa fidelización de clientela, coa potenciación das distintas tempadas comerciais do ano, coa implantación ou mantemento de servizos de apoio ao comercio retallista, con actuacións de dinamización comercial na rúa e actuacións que teñan como obxectivo a promoción e dinamización do comercio retallista.
A porcentaxe de subvención poderá acadar ata o 50% do custe máximo subvencionabel co límite de 15.000 euros por cada asociación/entidade solicitante.
Pódense beneficiar destas axudas as asociacións de comerciantes ou calquera outra entidade representativa de pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas, teñan a súa sede social e ámbito de actuación no Concello de Santiago e que non estean integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.