Selo "Compra do noso"
O empresariado galego únese para crear un selo que favoreza o consumo de produtos e servizos galegos. “Compra do Noso”é unha proposta aberta a toda a sociedade, organizacións empresariais e institucións para reactivar a economía.
Baixo o lema “Compra do noso”, o Cluster quere comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara o obxectivo común de salvar o tecido industrial e comercial galego. Consideran que apostar polo consumo local “é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego”.
A marca pódese a adaptar a cada tipo de servizo ou produto con diferentes variantes (Le do noso, Viste do noso…) encargándose o Cluster da Comunicación de Galicia de adaptar a marca de balde a todas as súas variantes.