Selo "comercio de confianza"
A Cámara de Comercio de España e a rede de Cámaras territoriais poñen en marcha o selo “Comercio de Confianza”, que acredita que os comercios cumpren os protocolos sanitarios e de seguridade establecidos no Protocolo e Guía de Boas Prácticas da Secretaría de Estado de Comercio.
Cunha sinxela e rápida tramitación telemática para achegar a documentación requirida e unha declaración responsable de elaborar o correspondente Protocolo de actuación en materia de seguridade e hixiene, o comercio obterá un distintivo que acreditará ante os clientes que o establecemento cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura.
As Cámaras de Comercio poderán levar a cabo verificacións aleatorias tras a emisión do certificado para comprobar o cumprimento do Protocolo presentado pola empresa, que deberá actualizarse en función de novidades que poidan introducirse no Protocolo e Guía de Boas Prácticas da Secretaría de Estado de Comercio.