• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rede de Cooperación Local 2009

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

IV Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2007

O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. Dividido en catro edicións, Primavera, Verán, Outono e Nadal; en cada unha delas premiáronse tres comercios. Os premios consistiron en campañas publicitarias a nivel local.

V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008

O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. En 2008 desenvolvéronse tres edicións: Verán, Outono e Nadal. En cada unha delas premiáronse tres comercios. Os premios consistiron en campañas publicitarias a nivel local.

Regalar custa pouco 2008

O I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2008 tivo como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes foron recollidas nun catálogo, xunto á  identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio.

Regalar custa pouco 2009

O II Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2009 tivo como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes foron recollidas nun catálogo, xunto a identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio. Elaborado cun deseño atractivo, destinado ás compras de Nadal e con prezos asequibles e pechados, editouse en versión trilingüe: galego, castelán e inglés.

VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove desde o ano 2004 o Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. Forma parte das accións de promoción e dinamización do sector recollidas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.

Programas de cooperación

A través dos Programas de Cooperación, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo e xestionados pola Concellaría de Promoción Económica, o Concello de Santiago contrata persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.

Obradoiros de emprego

O obxectivo dos Obradoiros de Emprego é mellorar as posibilidades de inserción e reinserción no mercado de traballo de persoas desempregadas de longa duración, a través da súa participación en accións mixtas de emprego-formación. Todos os obradoiros desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica seguen a liña do resto de actividades realizadas: adecuación da formación á demanda laboral de Compostela, formación teórica e práctica laboral, e utilidade social dos traballos feitos.

Obradoiro Compostela Natural

Programas de formación

No ano 2008, a Concellaría de Promoción Económica e Emprego organizou 35 accións formativas do Plan de Formación Continua e do Plan FIP destinadas a 525 persoas, que suman 4.228 horas lectivas. Sete cursos, con 3.490 horas lectivas, pertencen ao plan FIP. Os outros 28 son da Rede de Cooperación Local e de Compostela Activa, e suman 738 horas de formación.

No 2007 programáronse trece accións formativas do Plan de Formación Continua, do Plan FIP destinadas a 195 persoas, a través das que se impartiron 3.570 horas lectivas.

Produto enogastronómico

Especial interese ven cobrando nos dous últimos dos anos a promoción do turismo enogastronómico. Neste senso, Turismo de Santiago estreou en febreiro do 2008 o Fórum Gastronómico "As cociñas do Atlántico", unha cita bianual que converteu á cidade en capital da cociña atlántica e no mellor escaparate da despensa galega