• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

19 de maio. Xornada Guía para as persoas coidadoras

Este evento enmárcase no proxecto Coidadores Familiares, do programa europeo Leonardo da Vinci, que ten como obxectivo establecer un protocolo común a nivel comunitario que acredite profesionalmente aos/ás coidadores/as familiares que, de xeito informal, estiveron coidando a outra persoa.Unha acreditación profesional común a toda a Unión Europea facilitará a incorporación ao mercado laboral dun colectivo con expectativas de inserción difícil, no que a maioría de integrantes son mulleres, moitas delas maiores.

Axudas para a creación de novas empresas Compostela Activa 2010

Cada proxecto empresarial pode percibir como máximo 3.000 euros, con independencia do número de beneficiarios que o compoñan. A contía da axuda poderá acadar ata o 100% dos gastos subvencionabeis, é dicir, os considerados como correntes  e de primeiro estabelecemento realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2010 nos seguintes conceptos: existencias iniciais de mercadorías, custes de arrendamento de locais e/ou equipos, primas de seguros, abastecementos e gastos correntes e gastos de constitución da sociedade.

Un equipo de ouro

Na conferencia, Iturriaga, que apadriña a presentación en Galicia de Adalid Inmark, explicará por que a selección española se converteu nun equipo exemplar, que incluso superou unha etapa de crise para acadar novos triunfos. As ensinanzas deste colectivo de élite son trasladables a outros ámbitos, como pode ser calquera equipo empresarial que se reúna co obxectivo de competir con éxito no mercado.

2ª fase: Plan de mellora para os comercios en activo. Concurso de Proxectos.

Co obxectivo de incentivar a aplicación das melloras ou solucións propostas no informe de necesidades, ábrese a segunda fase do Plan de mellora para os comercios en activo: o Concurso de proxectos. Nesta convocatoria poderán participar todos os estabelecementos comerciais de Santiago de Compostela, aínda que non participaran na primeira fase, que presenten un proxecto comercial vinculado ás tres áreas vinculadas ás tres categorías do concurso. Son:

Cursos 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito

O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas.  Ademáis da formación, proporcionaráse atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha titoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao remate do curso.

Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental

No Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental participan 45 empresas procedentes de distintos lugares do Estado Español. A maioría pertencen aos subsectores de Enerxías renovábeis, Servizos ambientais a empresas e entidades, Xestión de espazos naturais, Xestión de espazos e residuos e Construción sostible e bioclimática.  O día 25 está programada unha visita ao Centro de Urbanismo Sostible Ecociudad “Valdespartera”.