Santiago Investors Support 2012
Para o deseño das actividades que se integran nesta programación do Santiago Investors Suppor, entrevistáronse e recolleronse propostas das seguintes entidades empresariais:
Regalar custa pouco 2010
O III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco 2010 ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal. As mellores propostas de agasallos presentadas polos/as comerciantes serán recollidas nun catálogo, xunto a identificación, enderezo, horario de apertura e localización do comercio. Elaborado cun deseño atractivo, destinado ás compras de Nadal e con prezos asequibles e pechados, editarase en versión trilingüe: galego, castelán e inglés.
Promoción de empresas e entidades en maiscompostela.org
Este novo instrumento,enmarcado na Rede de Cooperación Local, configúrase como un espazo interactivo e promocional que completa e, á vez complementa, os servizos e espazos que ofrece o edificio Cersia-Empresa ao tecido empresarial compostelá.
Que lles ofrecemos ás empresas e institucións?
Programas de cooperación 2010
A través dos Programas de Cooperación, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo e xestionados pola Concellaría de Promoción Económica, o Concello de Santiago contrata persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.
Proxecto Cosefamie. Competencias ao Servizo da Familia e do Emprego
Este proxecto forma parte do programa europeo Leonardo da Vinci. O seu obxectivo é establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente ao/á coidador/a familiar e favorecer así a súa inserción laboral.
Volta ao cole
O programa Volta ao cole ten como obxectivos potenciar as compras nos estabelecementos comerciais na cidade durante o outono; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios do mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.
Proxecto Persoa IV
O Proxecto Persoa IV é un proxecto experimental de emprego, que focaliza a súa atención nos servizos persoais a coidadores de persoas maiores, de persoas enfermas e discapacitadas, e de nenos/as. Ademais de traballar a inserción laboral incide na cobertura de servizos sociais fundamentais, formando ao alumnado nun sector considerado como un novo filón de emprego: o sector dos servizos ás persoas.
Rede de Cooperación Local 2010
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.
Rede de Cooperación Local 2009
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.