COMPOSTELA MÓVESE 2016
Este programa de dinamización económica ten como principal obxectivo apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno, cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio no que se produce. Buscamos asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do concello contribuindo con cada iniciativa a conquerir os obxectivos deseñados e dar cumplimento aos obxectivos enumerados a continuación.
OBXECTIVOS XERAIS:
- Impulsar un modelo económico para a Gran Compostela que tire proveito das fortalezas da cidade:-capitalidade, proxección internacional, Universidade, cultura e patrimonio e cumpla os criterios de sustentabilidade do territorio.
- Reconducir un modelo económico baseado na recepción de turismo de masas estacional noutro que fomente o turismo cultural e urbano, que faga de Compostela a estación base para coñecer Galicia, do mesmo xeito que o Camiño é a mellor forma de achegarse e adentrarse na realidade galega.
- Alterar a visión dunha economía baseada en polígonos industriais noutra máis sostible e integradora, descentralizada, onde os novos emprendedores e as empresas de servizos en xeral vivan e convivan no tecido urbano.
- Limitar a creación de solo industrial ligándoa á demanda real, impedindo a especulación construtiva e sobre o solo.
- Outorgar máis peso no modelo económico aos sectores produtivos, recuperando aqueles do ámbito primario e manufactureiro que hoxe corren o perigo de desaparecer.
- Colaborar de forma estreita coa USC, un dos elementos definidores da cidade e motor de coñecemento. Apoiar o +D+i, as empresas tecnolóxicas e as spin-off universitarias.
- Explorar e impulsar os novos nichos de emprego, en especial nos sectores creativos, que son os que teñen actualmente maior capacidade de dinamizar a cidade e aumentar o seu atractivo residencial e comercial
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1. Turismo. Existen dous segmentos especialmente relevantes:
1.1. Turismo idiomático. Desenvolvemento de cursos de lingua galega e española para estranxeiros, como xeito eficaz de desestacionalizar a actividade turística e rendibilizar a ampla planta hoteleira da cidade.
1.2. Axencias de servizos receptivos. Fomentar a creación de empresas de servizos aos turistas: tours, visitas guiadas, creación de paquetes, etc.
2. Industrias culturais. Compostela tamén é capital na cultura. Conta cunha elevada tradición, infraestrutura e recursos humanos cualificados, cuxa relevancia en termos de xeración e fixación de emprego é fundamental no novo rexurdir da cidade, definíndoa como a primeira urbe de Galicia para o lecer, mellorando a nosa calidade de vida e aumentando o seu atractivo.
3. Biotecnoloxía e ciencias da saúde. A Universidade é eficaz na creación de spin-offs mais é preciso incrementar a súa relevancia axudando desde o Concello a constituír un sistema empresarial arredor destes núcleos de especialización, abranguendo a medicina, a acuicultura, os nanomateriais, etc.
4. Deseño de moda. Compostela ten un gran número de microemprendedores/as no eido do deseño téxtil e de complementos. Facilitar recursos públicos para a transición desde o obradoiro doméstico á empresa.
5. Economía social, terceiro sector. Apoio á creación de cooperativas e empresas de economía social, e de entidades que fomenten a cooperación e a colaboración, e que presten un beneficio social. Impulso aos proxectos de moeda social. Apoio ás iniciativas de traballo colaborativo. Creación dun banco de intercambio de medios e servizos empresariais, para favorecer o aproveitamento compartido de bens de equipo e servizos asociados aos mesmos entre o tecido empresarial da cidade.
6. Mellorar a competitividade do tecido empresarial xa implantado para xerar emprego de calidade. Atendendo ás necesidades e apoiando a competividade da industria da cidade alí onde o concello teña competencia (facilitar o acceso aos recursos, organización de foros sectoriais, actuar de intermediario na transferencia de coñecemento entre industria e Universidade, etc.)
7. Vincular os centros de formación profesional da cidade á industria, realizando cursos ponte que permitan adaptar os coñecementos de ciclos xenéricos ás necesidades específicas do tecido empresarial da cidade.
8. Xerar un entorno favorable para emprender e "coopetir": Fomentando formación adaptada á realidade das persoas emprendedoras e creando soportes ( (infraestruturas, formación, información, actividades, etc.) para a creación de proxectos colectivos e cooperativos que fagan as empresas máis competitivas ("coopetición").
9. O comercio minorista como factor de calidade urbana: Impulsar políticas de revitalización comercial que garantan a presenza de establecementos comerciais no conxunto do Concello e con eles a calidade urbana asociada aos mesmos. Retomar a cultura do comercio de barrio e primeira necesidade como vía de emprendemento e colaboración entre a veciñanza.Penalizar a especulación con baixos baleiros no casco histórico da cidade. Dar a coñecer a bolsa de alugueiro de establecementos comerciais e apoiar o establecemento de actividade comercial, prestando especial atención aos usos do local e á calidade do produto ou servizo a prestar.Implantar un proxecto de identificación de propietarios/as e contratación para proxectos colectivos.Suxerir iniciativas comerciais innovadoras e alternativas para o comercio tradicional, a través de proxectos colectivos. Creación de sinerxías con outras áreas ou sectores. Coordinación das campañas de dinamización comercial coas campañas turísticas, culturais e de festividades da cidade.
10. A economía do rural: Impulsar e fortalecer a economía no rural aproveitando a proximidade á cidade. Fomentando a creación e fortalecemento de empresas de identidade e base rural. Fomento da existencia e coñecemento de mercados de proximidade para a venda de produto hortofrutícola da comarca. Fomento da creación de produtos turísticos no rural. Fomento do cooperativismo (en modelos formais e informais) no rural. Fomento do asentamento de empresas de servizos no rural.
11. Consumo responsable e economía colaborativa no consumo: A evolución da economía nos últimos anos tamén nos ten achegado novas reflexións, ferramentas e inquedanzas. A economía é oferta, pero tamén é demanda, é consumo responsable. As iniciativas sobre economía colaborativa que tamén xurdiron nos últimos anos, supoñen modelos de consumo e colaboración que merece a pena explorar, dadas as experiencias desenvolvidas en Santiago. Creación dunha liña de traballo de formación e información sobre consumo responsable impulsando a creación de escolas de consumidores e grupos de consumo, coa finalidade de establecer políticas de consumo responsable km0 con produtores de Santiago e comarca. Deseñar un programa informativo e formativo sobre técnicas alternativas de financiamento (crowfunding, sistemas de banca ética, etc.)
Compostela Móvese aséntase sobre dúas liñas de acción diferenciadas , a LIÑAS DE AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS COMPOSTELA MÓVESE e a LIÑA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN ECONÓMICA COMPOSTELA MÓVESE.
· LIÑAS DE AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS COMPOSTELA MÓVESE:
Con un orzamento previsto de 100.000,00€ para este ano 2016, a tradicional liña de axudas á creación de empresas que busca apoiar o desenvolvemento empresarial nos momentos de maior mortantade empresarial mediante axudas a fondo perdido sobre o gasto corrente da empresa, renóvase incorporando no seu baremo os obxectivos e valores programáticos. Con esta liña de axudas búscase apostar por modelos empresariais cooperativos e integradores apostando polos sectores económicos definidos como claves para o desenvolvemento económico sostible do Concello.
· LIÑA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN ECONÓMICA COMPOSTELA MÓVESE:
Compostela Móvese, móvese para medrar e facer as cousas ao seu xeito, porque o noso tecido empresarial é rico e diferente e ten identidade propia. Por que queremos visibilizar como este concello está inzado de iniciativas económicas e experiencias que paga a pena coñecer e compartir. Partimos da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas do noso territorio e buscamos artellar espazos de intercambio, formación e crecemento das mesmas. Coa óptica social, colaborativa, territorial e da sostibilidade acompañando cada unha das actividades previstas. Buscando un modelo de desenvolvemento multisector e policéntrico, que contribúa a democratización real do acceso ao emprendemento e á mellora e desenvolvemento do tecido socioeconómico de Compostela
Este programa contará cun orzamento de 135.000,00€ e contempla para o ano 2016 as seguintes iniciativas:
- Aposta por ti, polo teu barrio e polo rural:con esta actividade búscase traballar as competencias emprendedoras nos ámbitos que se identifican como prioritarios para o desenvolvemento económico do Concello de Santiago, mellorando a identificación e lanzamento de novos proxetos empresariais e achegando a cultura empresarial e as competencias claves para o emprendemento a aqueles colectivos que máis dificultades teñen na posta en marcha e consolidación das súas iniciativas empresariais a saber mulleres, persoas en risco de exclusión social, mocidade e cidadanía dos barrios e entrono rural do Concello.
- Aposta por ti: un seminario formativo para 15 profesionais liberais preferentemente do ámbito das industria culturais e creativas que teñan emprendido recentemente ou esten valorando emprender para exercer a súa profesión.
- Aposta polo teu barrio. Este programa que inclúe actividades de formación, encontro empresarial e dinamización está pensado para contribuir dende o ámbito do emprendemento e a mellora empresarial a revitalización do barrio de Conxo afectado moi gravemente pola incidencia das obras do soterramento do periférico que o divide en dous.
- Accións de fomento do emprendemento en clave de innovación aberta en colaboración coa USC: Programa de creación de empresas a desenvolver en colaboración coa USC no que equipos de carácter interdisciplinar traballan para por en valor os resultados de investigación da USC a través de proxectos de creación empresarial.
- Economía colaborativa: Proxecto que da continuidade ao proxecto piloto de colaboración empresarial baseado na confianza mútua en nos que iniciativas empresariais xa establecidas son capaces de vincular a novas persoas en dinámicas de emprendemento cooperativo artellando actividades conxuntas de dinamización económica. Inclúense neste apartado as xornadas de reflexión e coñecemento sobre as posibilidades da economía social e colaborativa. Plantexadas como almorzos de traballo dirixidos a un grupo de 30 persoas nos que se debatirán temas relacionados coa economía social e colaborativa á vez que se fai unha posta en valor das iniciativas que na área de Compostela Traballan con esta perspectiva
- Economía Social: formación colaborativa e para o emprendemento : fuxindo dos itinerarios formativos clásicos con esta acción búscase mellorar a formación das persoas para que afronten a súa vida profesional en dinámicas de creación de iniciativas (non necesariamente de empresas) autolideradas e autoxestionadas, seguindo os principios da economía colaborativa e dotándoas das competencias precisas para afrontar con éxito os retos profesionais da nova economía.
- Efecto proximidade: plan de dinamización do Mercado de Salgueiriños actividade de dinamización que permitan por unha parte:O novo programa municipal Efecto Proximidade ten por obxectivo dinamizar os diferentes mercadiños e feiras da cidade, en especial o mercadiño de Salgueiriños. O documental Sons do Mercado é a primeira acción deste programa, pero ademais incluirá medidas como unha programación especial de actividades lúdicas e formativas en verán e Nadal, dirixidas a un público familiar, para favorecer a presenza de familias no mercadiño. Tamén se instalará unha carpa activa para a realización desta programación lúdica, que cumprirá as funcións de información, promoción e punto de encontro. Na carpa activa mesturaranse exposicións, demostracións e intercambio de coñecementos de diferentes labores, tales como ganchillo, calceta, bordado, costura…
- Labores de promoción das actividades, mantemento da web, alugueiro de espazos para eventos, materiais e gastos varios.
Tecido socioecómico do Concello de Santiago: persoas emprendedoras, empresariado e institucións vinculadas a actividades de desenvolvemento económico.
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017