• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

DESAFIO SCQ

O Concello de Santiago de Compostela convoca o concurso Desafío SCQ coa fin de fomentar a cultura emprendedora entre o estudantado e xerar vínculos entre estudantes e empresas da cidade de Santiago de Compostela

Preténdese aportar un coñecemento temperán do mundo empresarial e un contacto con el, así como axudar a entender o papel do empresariado na comunidade. Asemade búscase fomentar os valores da cultura emprendedora entre a mocidade.

 No citado concurso premiaranse aquelas solucións aportadas polos grupos de estudantes que deseñen as propostas máis creativas, máis sociais e mellor presentadas.

 O xurado seleccionará as solucións máis innovadoras, máis sociais e mellor presentadas segundo os seguintes criterios:

a.     Alcance da proposta

b.     Grao de innovación da idea

c.     Sostibilidade da proposta

d.     Orixinalidade, deseño e calidade da presentación da proposta.

 Os grupos finalistas presentaran as súas solucións o día do evento final nun acto que se celebrará en Santiago de Compostela ao que poderán asistir todas as persoas participantes. Nese  mesmo acto farase entrega dos seguintes premios:

 ·         Premio á solución máis innovadora

·         Premio á solución máis social

·         Premio á solución mellor presentada

 

Caracteristicas
Os membros dos grupos seleccionados serán premiados cunha tableta dixital cada un e o centro ao que esté vencellado recibirá un ordenador portátil.
Dirixido

Todo o alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelado e Formación Profesional do Concello de Santiago de Composteal, que conformen un grupo de 4 ou 5 membros para desenvolver un dos desafíos propostos.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017