Andar ao recados. Conxo consume, consume Conxo
Será unha campaña a desenvolver do 15 ao 30 de setembro na que se promocionen ofertas de consumo para os residentes do barrio. En paralelo, os establecementos participantes recibirán sesións de consultoría individualizada de mercadotecnia para a optimización comercial dos seus comercios.
Cubre a túa solicitude de participación remitindo a ficha que podes descargar neste mesmo espazo cuberta antes do 7 de setembro a info@compostelamovese.com
As solicitudes atenderanse por orde de chegada