Mellorar e medrar: Obradoiro de definición e revisión de modelo de negocio
Programa:
O obxectivo será compañar ás persoas emprendedoras, ao empresariado e persoal directivo na reflexión sobre a súa estratexia, apoiándoos con metodoloxías e ferramentas necesarias para levala a cabo.
Os contidos aproximados das sesións serán como segue:
Sesión grupal I: Análise do modelo de negocio
· Modelo de negocio e proposta de valor: Canvas
· Análise dos segmentos de clientes (clientes máis rendibles/con maior potencial,etc)
· O cadro estratéxico da empresa
Sesión grupal II:Ferramentas para definir a estratexia
· As 6Ps dos servizos
· Customización vs estandarización
· Proposta de servizos e valor para o cliente (como encaixa na oferta de servizos co que lle aporta valor ao cliente)
· Maximizar o valor para o cliente (Value Stream Mapping)
Sesións individuais:
Nas sesións individuais o consultor acompañará á/ao empresaria/o e/ou directiva/o na reflexión acerca da estratexia empresarial e utilizando as ferramentas e conceptos que xa se explicaron nas sesións grupais.
A temática para cada unha das sesión é a seguinte, podéndose adaptar segundo as necesidades de cada empresa.
Ø Sesión individual 1: Análise do modelo de negocio actual e plan de primeiras medidas.
Ø Sesión individual 2: Revisión de procesos internos para ofrecer maior valor ao cliente.
Ø Sesión individual 3: Identificar áreas para a innovación empresarial e diversificación si é o caso.
Sesións grupais : 20 de novembro e 14 de decembro en horario de 10:00h a 14:00h no CERSIA Empresa.
Sesións individuais: a axendar coa persoa participante durante a celebración da primeira sesión grupal.
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014.
- Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego