• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SEMINARIO DE ESTRATEXIA E XADREZ "XAQUE MATE"

  No marco do programa de actividades \"Compostela Móvese\" convócase este seminario de 7 horas de duración que se celebrará o día 25 de novembro no Centro de Coworking Gaias (CEM) no marco da colaboración establecida con esta entidade para o fomento do emprendemento e da mellora empresarial no Concello de Santiago.
DATOS DO CURSO
  • Datas: 25 de novembro
  • Horario:  10:00 a 14:00  e de 16:30 a 19:30.
  • Nº Horas: 7 horas
  • Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro de Emprendemento Coworking Gaias, Cidade da Cultura 

Nº de prazas: 20

Programa:

Estratexia (sesión de mañán): 

\"As grandes mentes estrutúranse estratexicamente\". Esta frase de Tom Peters, un dos grandes sabios do mundo da empresa, marcou un antes e un despois na contarna das organizacións. neste seminario axudámosche a tomar conciencia de como tratar unha estratexia. Porque se debe pensar odeadamente? Como aprender a diseccionar un problema analizando a contorna? Como realizar unha análise DAFO? Como a partir dunha posición, acadar obxectivos priorizados e metas? 

Xadrez (sesión de tarde):

O xadrez é unha das áreas competencias que máis se están a incorporar aos plans académicos nos últimos anos. Na nosa contorna, de feito, acaba de seumarse aos plans de estudo da ESO. E é que os tipos de esquemas mentais que un xadrecista desenvolve son un claro exemplo de como pensar en dimensión estratéxica. a dinámica práctica deste seminario busca meterse na mente dun xadrecista para aprender a pensar como el a base de análise de movementos e xogadas.

  • Imparte Dan Cruz , xadrecista grañado de \"Increibles\"  

Documentación requerida

o inicio do curso requirirase a seguinte documentación:

  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2015/2016 ou de ter obtido o título nos anos 2015 ou 2014
  • Para persoas desempregadas: tarxeta de demanda de emprego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Colectivo preferente: persoas emprendedoras, empresariado e traballadoras/es en activo do Concello de Santiago de Compostela.
Requisitos
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 20 de novembro de 2015 ás 14:00h.  A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso de inscrición dentro do colectivo preferente, e logo se sobran prazas  tamén por orde de inscrición accederán estudantes e persoas desempregadas