• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Andar ao recados. Conxo consume, consume Conxo

O vindeiro mes de setembro a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela pretende desenvolver na contorna dos barrios de Conxo e Santa Marta un programa de educación para o consumo que, baixo o nome de “Andar aos recados”, acabe por concienciar aos escolares sobre o consumo responsable ao tempo que dinamice o tecido comercial de proximidade.

Será unha campaña a desenvolver do 15 ao 30 de setembro na que se promocionen ofertas de consumo para os residentes do barrio. En paralelo, os establecementos participantes recibirán sesións de consultoría individualizada de mercadotecnia para a optimización comercial dos seus comercios.

Cubre a túa solicitude de participación remitindo a ficha que podes descargar neste mesmo espazo cuberta antes do 7 de setembro a info@compostelamovese.com

As solicitudes atenderanse por orde de chegada

Agradámoste!

 

Moitas grazas e lembra que contigo, Compostela Móvese!

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición