• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan de Calidade en Destino

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) é unha iniciativa avalada pola Secretaría Xeral de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que pretende elevar a calidade de todos os servizos turísticos das cidades a través da implantación dunha filosofía de traballo baseada na mellora continua.

Plan de Marketing Estratéxico do Turismo

Co Plan de Marketing Estratéxico do Turismo de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago pretende dar un novo enfoque ao desenvolvemento turístico da cidade, para que se realice de forma sustentable e eficiente, definindo obxectivos, dando coherencia ás actuacións e funcionando, en fin, como unha plataforma de participación e consenso entre todos os axentes turísticos implicados: Concello de Santiago, Xunta de Galicia, organizacións e asociacións empresariais e sindicais, institucións culturais, relixiosas e universitarias, etc.

Proxecto Persoa II

O proxecto Persoa II naceu có obxectivo de favorecer a integración laboral das persoas desempregadas a través da súa participación nun proceso integral de inserción, en ocupacións encadradas como novos filóns de emprego. O proceso contemplou formación, práctica laboral e acompañamento.

Proxecto Persoa III

O 27 de de decembro do 2007 rematou o Proxecto Persoa III, que comezara o 14 de decembro do 2005 e que acadou un 98% de insercións laborais. 103 persoas (97 mulleres e 6 homes) das 105 (99 mulleres e 6 homes) que participaron en algunha das sete especialidades desenvolvidas no Proxecto Persoa III accederon ao mercado de traballo a través de contratos de diferente duración.

Proxecto Crear

O obxectivo do Proxecto Crear é que é que accedan ao mercado laboral persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción: mulleres, persoas desempregadas de longa duración, etc.

Proxecto Crear V

Datas: de setembro de 2008 a abril de 2009.

Persoas participantes: 75 (40 mulleres e 35 homes)

Persoas que accederon ao mercado laboral: 49

Porcentaxe de insercións: 65,3% (o obxectivo fixado pola Xunta de Galicia é do 35%)

Proxecto Crear VI

O obxectivo do Proxecto Crear é que é que accedan ao mercado laboral persoas con especiais dificultades de inserción ou reinserción: mulleres, persoas desempregadas de longa duración, etc.

Para acadar esta finalidade, bríndanse ás/aos usuarias/os diversas actuacións que pretenden:

Plan de mellora para os comercios en activo

O Plan de mellora para os comercios en activo ten como obxectivo axudar aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade. A iniciativa, que conta cun orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento das dúas fases nas que se divide, enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, e que ten como fin impulsar e fortalecer o comercio da cidade.

Plan de Formación 2009

O Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería para o ano 2009 contou con 26 accións formativas gratuítas, 13 presenciais e 13 por teleformación. Sumaron en total 929 horas lectivas, e ofertaron un total de 430 prazas, das que se beneficiaron, principalmente, persoas empadroadas e/ou que traballaban no Concello de Santiago.