Xornada sectorial do programa Reacciona centrada na hostalería e contorna dixital
10.00 Presentación da xornada
- José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP
- Representante. Asociación Hostalería Compostela
- Ramón Baña. Director Xeral. OCA Hotels
- Isaac González. Director. Bendita Cocina
- José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP
Presentación do Foro E. Peinador "Galego e empresa: abrindo novos mercados"
Programa (de 12:00 a 13:00 horas)
Inauguración da xornada- D. Antonio Fontenla Ramil, Xunta de Vicepresidentes da CEG
Presentación Foro E. Peinador
- D. Xosé González Martínez, Presidente do Foro E. Peinador
Peche do acto
- D. Valentín García
Taller "Metas 18: optimiza o teu negocio"
O obxecto da formación é axudar ás empresas a alcanzar o éxito, planificando o seu rumbo empresarial. No desenvolvemento da xornada poñeranse exemplos de mellora implementados e válidos para pemes e autónomos, con obxecto final de facer máis rendible o negocio e mesmo ter posibilidades de medrar, investindo noutras áreas da empresa como a formación, tecnoloxía ou marketing.
Conectapeme: apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado
Axuda: Dende un 15% ata un 80% de intensidade máxima da axuda sobre o custo subvencionable, en función do tipo de empresa e do tipo de proxecto
Os proxectos de I+D+i subvencionables ao abeiro desta convoatoria estarán en consonancia dos retos contidos na RIS3 Galicia e deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 500.000€ e un máximo de 1.5000.000€
Curso Influencer: Fomentando condutas e relacións positivas que melloran resultados
Indubidablemente un dos maiores retos aos que se enfronta un directivo ou líder dun equipo é desenvolver habilidades de influencia que contribúan por unha banda a facilitar a xestión das persoas ao seu cargo e a relación con colaboradores, e por outra, a avanzar na consecución dos obxectivos e a implementación de cambios e melloras.
Xornada sobre o proxecto FORTISSIMO: Simulación e Big Data como base de novos servizos e procesos.
Nesta xornada, organizada polo CESGA e GAIN, diferentes empresas e entidades galegas contarán a súa experiencia de participación no proxecto europeo Fortissimo ( www.fortissimo-project.eu ). FORTISSIMO financiou, ao longo das súas dúas edicións, máis de 70 experiencias innovadoras co obxectivo de demostrar o potencial dos servizos de computación de altas prestacións aplicados á industria, particularmente a pequenas e medianas empresas, e a problemas ou servizos vinculados principalmente á área da manufactura.
Xornada informativa sobre a convocatoria de H2020 centrada no transporte intelixente, ecolóxico e integrado.
- Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
- Data: Mércores, 14 de febreiro de 2018
- Hora: de 10:30 a 12:30