• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro aberto co sector cultural de Compostela

A Concellaría de Acción Cultural mantén aberto un foro de diálogo e traballo en común entre axentes culturais, persoal técnico, responsables municipais e cidadanía para fomentar a participación da veciñanza nas políticas culturais públicas de Santiago de Compostela e o traballo en colectivo no sector.

O segundo dos encontros abertos de 2018, pon o foco na promoción das Industrias Culturais e Creativas (ICC’S), no fomento da innovación neste eido e na procura de oportunidades de colaboración con outros territorios.

Xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores

No acto, organizado polo Clúster TIC Galicia, as persoas asistentes terán a oportunidade de observar de primeira man como os produtos 4.0 ofrecen solucións para paliar as carencias que teñen neste eido as empresas galegas ao tempo que contribúen á mellora das súas oportunidades de negocio. Ademais, poderán coñecer, nunha exposición práctica, a aplicación inmediata das innovacións aos diversos sectores nos que poden ter mercado.

Premios Peme do ano 2018

Quen pode participar?
Todas as empresas con menos de 250 empregados e/ou menos de 50 millóns de facturación anual no último exercicio (2017) e cuxa sede social estea na provincia da Coruña.
As empresas gañadoras en edicións anteriores do premio poderán volver presentar a súa candidatura, sendo elegibles para algún dos accésit pero non para o premio Peme do Ano 2018 da Coruña.

Como podo participar?

Só tes que enviar o formulario debidamente cumprimentado

Curso de teleformación mixta "Regulamento de réxime interno nas cooperativas"

Programa:
Tema 1: Introdución
Tema 2: Conceptos previos.
Tema 3: Para que serve un regulamento de réxime interno.
Tema 4: Proceso de elaboración ou revisión dun regulamento interno.
Tema 5: Regular a relación das persoas socias.
Tema 6: Órganos sociais das cooperativas.
Tema 7: Réxime económico.
Tema 8: Organización do traballo.
Tema 9: Tempo de traballo.
Tema 10: Anticipos societarios.
Tema 11: Réxime disciplinario, laboral e outros.
Tema 12: Recursos útiles

Curso teleformación 'Responsabilidade social empresarial nas cooperativas"

PROGRAMA:
Tema 1 . A Responsabilidade Social nas empresas.
1. O concepto de RSE.
2. Evolución da RSE e últimas tendencias.
3. Organizacións implicadas na RSE.
4. Vinculación da RSE no marco socioeconómico actual.
Tema 2. Como medir a Responsabilidade Social Empresarial.
1. A economía social e a RSE
2. Da RSE ás memorias de sustentabilidade
3. Contido da memoria
4. Implicacións derivadas da elaboración de memorias.
Tema 3. A Responsabilidade Social Empresarial nas empresas cooperativas.

Programa formativo Internet das cousas e emprendemento


PROGRAMA DE FORMACIÓN:
INTRODUCIÓN E CONSULTORÍA INICIAL. ÁREA DE DIRECCIÓN DE PROXECTOS: NEGOCIOS DIXITAIS
MÓDULO 2.- CREATIVIDADE E INNOVACIÓN: TENDENCIAS NO ÁMBITO DE IOT
MÓDULO 3.- TECNOLOXÍA NO ÁMBITO DE IOT
MÓDULO 4.- DIRECCIÓN E ESTRUCTURA DE EMPRESAS DE IOT
MÓDULO 5.- MARKETING: GOOGLE ANALYTICS, SEO, SEM, ASO, GROW HACKING
MÓDULO 6.- FINANZAS E XURÍDICO FISCAL

MÓDULO 7.- BUSINESS PLAN

Xornada "Adaptación da empresa á nova normativa en Protección de Datos (LOPD)"

A normativa, que se aplicará a partir do 25 de maio, é o regulamento europeo 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos, RGPD). Aplícase directamente sen necesidade de ningunha outra norma estatal. Pero en España, a LOPD do ano 1999 non se derogou por a normativa europea, e actualmente estase tramitando unha nova normativa no Parlamento do Estado.

Programa:
Introducción: normativa