• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso Influencer: Fomentando condutas e relacións positivas que melloran resultados

Indubidablemente un dos maiores retos aos que se enfronta un directivo ou líder dun equipo é desenvolver habilidades de influencia que contribúan por unha banda a facilitar a xestión das persoas ao seu cargo e a relación con colaboradores, e por outra, a avanzar na consecución dos obxectivos e a implementación de cambios e melloras.

Xornada sobre o proxecto FORTISSIMO: Simulación e Big Data como base de novos servizos e procesos.

Nesta xornada, organizada polo CESGA e GAIN, diferentes empresas e entidades galegas contarán a súa experiencia de participación no proxecto europeo Fortissimo ( www.fortissimo-project.eu ). FORTISSIMO financiou, ao longo das súas dúas edicións, máis de 70 experiencias innovadoras co obxectivo de demostrar o potencial dos servizos de computación de altas prestacións aplicados á industria, particularmente a pequenas e medianas empresas, e a problemas ou servizos vinculados principalmente á área da manufactura.

Xornada informativa sobre a convocatoria de H2020 centrada no transporte intelixente, ecolóxico e integrado.

Esta xornada, que terá un carácter práctico, contará cunha presentación a cargo do Punto Nacional de Contacto de CDTI na que se explicarán as oportunidades de financiamento e os aspectos clave para a preparación de propostas. Completarase coa intervención de entidades que contarán a súa experiencia de participación.
  • Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes, s/n, Santiago de Compostela
  • Data: Mércores, 14 de febreiro de 2018
  • Hora: de 10:30 a 12:30

Subvencións a gastos de funcionamento de entidades representativas da economía social

Trátase de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral..

Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18:

  • Implantación de solucións dixitais para a adaptación das empresas comerciais e artesanais ás novas tendencias do mercado.
  • Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.

Incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos

O programa de incentivos prevé unha dobre tipoloxía de proxectos baixo os cales se articulan as actividades financiables, en función da caracterización da acción formativa:

  • Liña I. Apoio para formacións xa establecidas cun programa que se identificou acorde coas necesidades da entidade beneficiaria.
  • Liña II. Apoio para a implementación de proxectos de formación a medida.