• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso emprendemento dixital na industria 4.0

O curso está dirixido a aqueles que queiran aproveitar as oportunidades que se desprenden do concepto de Industria 4.0, tanto para acceder a novos empregos como para consolidar as actuais actividades industriais ou de servizos. Busca proporcionarlles unha proposta de valor onde a participación na cadea de subministración de bens físicos sexa relevante, non necesariamente para a súa fabricación.

Contidos

Curso Transformación dixital e cambio

O obxectivo deste curso é que os estudantes comprendan o concepto de transformación dixital e que impactos pode ter nunha organización e que poidan definir un programa de transformación dixital, identificando e seleccionando iniciativas.

Contidos

  • Que é a transformación dixital?
  • O negocio coma sempre está morto
  • Era dixital: tecnoloxías emerxentes
  • Aspectos prácticos para a dixitalización empresarial
  • Transformación dixital: Estratexias, Liderado e Desenvolvemento

Axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract

Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.

Axudas para a asistencia a mercados e foros internacionais de contidos audiovisuais

Poderán ser beneficiarias as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual e que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego ou algunha das actividades descritas na cláusula seguinte que motiven a subvención e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Consolidación proxectos a través da aceleradora do sector alimentario

O obxectivo dos proxectos que participan na aceleradora é achegar solucións ás necesidades da industria e incrementar a eficiencia no uso dos recursos dispoñibles.

Os proxectos que queiran presentarse, a través da páxina web www.bffood.gal, deben ser empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas.

Ata seis proxectos poderán ser seleccionados nesta convocatoria de consolidación na que recibirán formación, mentoring, servizos técnicos, infraestruturas e financiamento.

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 300.000 euros, dos cales 150.000 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 150.000 euros para música (modalidades B1, B2 e B3).

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e fóra de Galicia.

Axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a Covid-19

As pemes galegas poderán solicitar os apoios que ofrece para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Con achegas que poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas.