• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

ENCONTROS INFORMATIVOS SOBRE O PROGRAMA REACCIONA

Para dar a coñecer a oferta de diagnósticos e servizos que ofrece a nova convocatoria do programa ReAcciona, xa activada, a Xunta pon en marcha un ciclo de encontros informativos en liña. O próximo mércores 10, ás 12.30 h, as empresas que desexen coñecer como mellorar a súa competitividade no actual contexto económico poden participar no primeiro dos catro webinarios programados, que se desenvolverán durante este mes de xuño.

Contando con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e integrada no programa Igape Responde -iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade na actual situación económica-, as novas convocatorias do ReAcciona achegarán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva. A primeira convocatoria estará aberta ata o 2 de xullo.

Data fin do prazo de Inscrición