• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética

Tipos de proxectos subvencionables:
  • Auditorías enerxéticas Implantación sistemas de xestión
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos
  • Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector agrícola primario

Flexibilización dos contratos de subministración de electricidade para autónomos e empresas.

Básicamente suprímense os custos asociados aos cambios nas condicións dos contratos de subministración de electricidade, por exemplo, minoracións na potencia contratada. 

Tamén, nun prazo de tres meses unha vez rematado o período de alarma, para novos cambios nas condicións, por exemplo, aumento da potencia contratada.

Para mais precisión consultar o detalle da disposición.

EXTRACTO da Orde do 26 de outubro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas e xurídicas que exerzan, a título de arrendatario, a explotación económica dun establecemento de lecer nocturno, que sexan titulares dun contrato de alugamento, e resulten afectados pola paralización desta como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Bases da convocatoria extraordinaria de axudas para a rescate da restauración e hospedaxebdo Concello de Santiago afectados pola crise da COVID 19 anualidade 2020

BOP Nº211 do 10/12/2020

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.

Extracto da R. do 23/12/2020 aproban bases reguladoras das axudas internacionalización dixital das empresas galegas , cofinanciadas polo Feder , réxime concorrencia non competitiva

    

           ( DOG Nº 16 do 26/01/2021 )

 

 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.