• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020)

Convocase a segunda convocatoria ao abeiro das bases reguladoras recollidas na Resolución do 31 de maio de 2019 que foi publicada no DOG do 11 de xullo de 2019. A través dela desenvólvense de xeito específico algúns dos contidos incluídos nestas bases e ábrese o prazo para solicitar as axudas nas tres liñas de axudas previstas.

A concesión destas axudas nas diferentes liñas realizarase a través dun réxime aberto de concorrencia non competitiva.

Apróbase a convocatoria para o ano 2020 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea nas súas diferentes liñas:

  • Liña 1: (código de procedemento administrativo IN607F): axudas para actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, ao Programa marco de investigación e innovación. Consideraranse propostas de calidade aquelas que acadaron no proceso de avaliación da convocatoria do Programa marco á que concorreron unha puntuación superior ao 75 % da nota máxima establecida.
  • Liña 2.1: (código de procedemento administrativo IN607G): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase I do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 13 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.
  • Liña 2.2: (código de procedemento administrativo IN607H): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase II do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 12 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.

Data fin do prazo de Inscrición