• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da resolución do 10 maio 2021 aproban bases axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract

DOG Nº 96 do 25/05/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Persoas beneficiarias

Extracto da R do 11/06/2021 aproban bases subvencións para comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegos en foros negocio especializados e eventos de cine que sse celebran fóra de Galicia

DOG Nº 119 do 24/06/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Axudas para a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial

A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 50.000€.

Convocatoria de Axudas a Empresas para a Reactivación Económica Compostela Móvese 2020 COVID19

 

Estas axudas teñen carácter finalista polo que non poderán ser empregadas para outros fins.

 Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes, de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresa

Amplíase ata o 17 de xullo de 2020 o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Axudas para a realización dun programa piloto de formación en formato non presencial de recualificación profesional dixital

Realización dun programa piloto de recualificación profesional dixital, a través da modalidade en liña, de persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos para a súa capacitación, tanto en competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral como en competencias brandas, co fin de mellorar a súa empregabilidade e a súa inserción laboral. Consistirá, por tanto, na impartición de programas de formación, a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva, de 70 horas distribuídas ao longo de 3 semanas de formación.