• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Refinanciamento dos préstamos concedidos pola Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa

Os beneficiarios de concesións de préstamos a proxectos industriais outorgados pola Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa poderán solicitar modificacións do cadro de amortización do mesmo durante o prazo de 2 anos e medio contados desde a entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo; a condición de que a crise sanitaria provocada polo COVID-19 provocase períodos de inactividade do beneficiario, redución no volume das súas vendas ou interrupcións na subministración na cadea de valor.

Contratación de técnicos e técnicas para asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo COVID-19

Obxecto: facilitar ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19 mediante a contratación por conta allea de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas en organismos intermedios.

A contía das axudas en concepto de incentivo por persoa contratada establecerase en función da súa titulación e grupo de cotización, segundo a táboa que figura no artigo 9 das bases reguladoras. 

Real Decreto,de 24 de octubre, por el que se ceclara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV- 2


Para os efectos do estado de alarma, a autoridade competente será o Goberno da Nación

A declaración de estado de alarma afecta a todo o territorio nacional

O estado de alarma declarado polo presente real decreto finalizará ás 00:00 horas do día 9 de novembro de 2020, sen prexuízo das prórrogas que poidan establecerse

Extracto da R. 2021/1434 do 19 xaneiro 2021,aproba convocatoria programa subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicaís e de artes escénicas ano 2021

 

   BOP Nº 15 do 25/01/2021

 

Beneficiarios:

 

Entidades sen fin de lucro domiciliadas en Galicia que sexan as organizadoras do evento para o que se solicita subvención e que este se desenvolva dentro do territorio da provincia da Coruña.

No caso das Fundacións, quedan excluídas as Fundacións con sede na provincia da Coruña que teñan a consideración de medios propios e instrumentais da administración autonómica ou estatal.

Únicamente serán obxecto de axuda os gastos de carácter corrente, en ningún caso bens inventariables.

Extracto da Orde do 22 de febreiro 2021 establecen bases reguladoras do Programa I Hostalaría de apoio ao sector da Hostalaría

DOG Nº 36 do 23/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría, e tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos na orde.