• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Modificación das condicións de execución axudas fomento da prevención de riscos laborais

A vista da situación excepcional creada pola epidemia de COVID-19, faise necesario establecer unha modificación da forma ou metodoloxía de execución das accións respectando o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos para todas aquelas solicitudes que se presentaron en prazo e que, unha vez instruídas, serán valoradas pola comisión de valoración.

Cómpre, polo tanto, posibilitar a realización das actividades formativas e xornadas obxecto da axuda a través da modalidade de contornas virtuais e presenciais, sempre que se respecten os requisitos exixidos normativamente e se garantan as actividades de seguimento e control necesarias.

Novo Artigo 8 bis.

Execución da formación A entidades solicitantes poderán executar a formación e as xornadas obxecto da axuda en modalidade presencial, teleformación, aula virtual (que seguirá tendo a consideración de formación presencial) ou modalidade mixta.