• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alcalde acompaña ao alumnado do San Clemente na súa visita a empresas inspiradoras de Compostela

Esta visita forma parte do Campus Emprendementos Inspiradores, proxecto formativo e vivencial financiado polo Concello de Santiago e que contempla sesións teóricas en aula e visitas didácticas a empresas relacionadas cos ciclos formativos que se imparten no IES San Clemente para aprender das boas prácticas na xestión da empresa e dos recursos humanos, no marco do Programa municipal Compostela Móvese 2022.

"Sionlla Biotech: ¿Qué oportunidades se presentan en el área de Santiago?

Desde hai varios anos, Galicia foi un gran polo xerador de coñecemento en biotecnoloxía a nivel español.

Particularmente, a área de Compostela, aglutinante de boa parte do capital intelectual neste ámbito xerado no noroeste ibérico, caracterizouse por concentrar boa parte da investigación e iniciativa emprendedora no ámbito bio.

A economía social confórmase como alternativa de futuro para afrontar os retos das Axendas Urbanas e 2030

Durante dous días, a sede da Fundación para a Construción Laboral en Galicia, acolleu o encontro da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL), unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela co respaldo da Rede de Entidades para el Desarrollo Local (Redel), a Red de Ciudades Ciencia e Innovación (Innpulso), a Red de Territorios Socialmente Responsables (Retos) e Cidades por el Empleo; no marco da capitalidade española da economía social que durante este ano ostenta Santiago de Compostela.

A Casas das Asociacións será a sede dunha xornada sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e calidade de vida

Esta Xornada contará coa presenza de Maribel Martínez de Murguía, Campioa Olímpica, para falar de Cidade e Valores; con Leire Iriarte, desarrolladora do ODS 18 (Políticas de Felicidade) e con Jorge Arévalo, experto en Urbanismo e Xestión Comunitaria e celebrarase o próximo 15 de novembro entre as 09:30 e as 14:00h na Casa das Asociacións de Cornes. O evento poderá seguirse en formato streaming ou presencial, ambas as dúas previa inscrición a través do correo electrónico relacionsvecinais@santiagodecompostela.gal.

O alcalde reafirma a aposta do Concello de Santiago coa economía social e os centros especiais de emprego

Nun acto de recoñecemento á labor de visibilización e inserción social que están a facer os centros especiais de emprego, o alcalde puxo en valor o traballo que se está a facer desde Raxoi en favor da inclusión reservando diferentes actuacións a este tipo de empresas pois, ademais de "dar visibilidade á capacidade das persoas que teñen algún tipo de discapacidade", son empresas que deron boa conta da súa fortaleza durante a crisis de 2008 e a raíz da pandemia cunha maior "capacidade de supervivencia á doutro tipo de empresas".

Aprobada a solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes por máis de 3,3 millóns de euros para a rehabilitación de 250 vivendas da cidade histórica

A proposta de solicitude de subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, destinada fundamentalmente a melloras de eficiencia enerxética, contempla a rehabilitación de 250 vivendas. No ano 2023, serían un total de 50 vivendas. En 2024, o ámbito de actuación ampliariase aata as 100 vivendas, as mesmas que en 2025.

Santiago acolle un encontro para a abordar a consecución dos retos das Axendas Urbanas e 2030 a través da economía social

Santiago acollerá os días 19 e 20 de outubro o Encontro REDEL, unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela co respaldo da Red de Entidades para el Desarrollo Local (Redel), a Red de Ciudades Ciencia e Innovación (Innpulso), a Red de Territorios Socialmente Responsables (Retos) e Cidades por el Empleo; que se celebrará na Sede Fundación Laboral de la Construcción en Galicia. Este encontro desenvolverase baixo o título ‘As oportunidades da Economía Social para as cidade no logro dos retos das Axendas Urbanas e a Axenda 2030’.

Compostela acollerá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa

Desde a Cámara de Comercio de Santiago, de maneira conxunta con UNINOVA (Concello de Santiago e USC) preparouse durante o mes de setembro unha candidatura para acoller en marzo de 2023, previsiblemente entre o 7 e o 9, un encontro internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa.