• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso Woman code

Duración: 16 semanas

Destinatarias: mulleres interesadas e motivadas por acceder ao sector tecnolóxico; universitarias e técnicas; autodidactas; diseñadoras gráficas e expertas en SEO; mulleres que queiran dar un xiro á súa vida de maneira rápida e eficaz; mulleres que buscan emprego que lles permita conciliar; e que queiran iniciarse no desenvolvemento web. 

Horario e modalidade: live streaming (clases en directo en horario fixo). En concreto se impartirán 4 h diarias de clase en horario de mañá. 

Bases reguladoras do programa de subvencións a empresas audiovisuais para apoiar a distribución ,comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña 2021

BOP Nº 31 do 17/02/2021

As actividades obxecto deste programa deben realizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de marzo de 2022.

Para poderen optar á subvención, os produtos audiovisuais terán que cumprir, como mínimo, os requisitos seguintes:

· Seren actividades de distribución/estrea/comercialización de producións audiovisuais en VO Galega, VOSG (subtitulado ao galego) ou versión con dobraxe ao galego.

Extracto da R. do 3 febreiro 2021 establecen bases para a concesión de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios,convencións, incentivos o calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia

DOG Nº 32 do 17/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser beneficiarias das subvencións as seguintes entidades:

a) As universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros, institutos, departamentos, seccións u outras unidades de investigación.

b) As sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica propia, agás as entidades locais.

Fundamentos de contabilidade para a túa entidade de economía social Ed. X

Datas: do 24 de febreiro ao 17 de marzo

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Obxectivo: facilitar unha visión integrada dos conceptos e instrumentos claves da contabilidade e finanzas para a xestión das empresas de economía social.

Público obxectivo: persoas non familiarizadas co vocabulario financeiro que están interesadas en aprender os conceptos claves da contabilidade e finanzas para a xestión das súas entidades de economía social.

Xornada INCIBE somos seguridade

Luis Hidalgo, Técnico de  INCIBE falará sobre os proxectos e áreas principais de INCIBE, destacando o seu traballo con empresas, cidadáns e menores; así como as ferramentas gratuitas que INCIBE pon a disposición para xenerar confianza dixital e aumentar a Ciberseguridade dos distintos destinatarios.

 

Extracto da R. do 25/01/2021 establecen bases/convocatoria para 2021 das axudas proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs ( programa Conecta Hubs ) Código procedemento IN852C

DOG Nº 30 do 15/02/2021

Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule e un dos socios deberá exercer o papel de líder.