• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 29 febreiro 2021 establecen bases reguladoras concesión de subvencións ás axencias viaxes para mantemento establecementos ano 2021

DOG Nº 37 do 24/02/2021

Entidades beneficiarias.-

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresas turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas, que teñan o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Extracto da Orde do 22 febreiro 2021 pola que se establecen bases reguladoras do Programa II Outras actividades pechadas .Programa II

DOG Nº 36 do 23/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria.da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.

Extracto da Orde do 22 de febreiro 2021 establecen bases reguladoras do Programa I Hostalaría de apoio ao sector da Hostalaría

DOG Nº 36 do 23/02/2021

Beneficiarias.-

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría, e tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos na orde.

DIHs como novos instrumentos para apoiar a transformación dixital da empresa galega

Día: 23 de febreiro
Hora: 10:15h

Duración : 2 horas

10:15: Benvida

Francisco Conde. Vicepresidente segundo e  Consellerio de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia

10.30 h. Servizos prestados polos DIH estratéxicos galegos

Moderado por Luisa Boquete. Directora dá Area de Programas de  GAIN
M Eugenia  Mijares. Relacións Institucionais de  DIHGIGAL
Lucía Castro. Xerente de  DATALIFE.

11.15. Cómo beneficiarse de los servicios prestados por otros DIH

Implantación TIC para competir e vender máis

DATA: 16/03/2021
HORA: 10:00 - 11:00

Como participar no Programa TicCámaras?. Coñece toda a información da próxima convocatoria 2021

 

o   Anselmo Díaz Romero. Asesor Tecnolóxico Programa TicCámaras                                      

 

Implantar solucións TIC para mellorar a competitividade e as ventas

 

o   José Manuel Castro. CEO Software Compostela SL 

 

Extracto da Resolución do 17 febreiro 2021 acorda a ampliación do prazo para presentación de solicitudes pola que se aproban e se publican as bases da II Edición dos Premios de Innovación en saúde 2020

DOG Nº 35 do 22/02/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Extracto da R. do 18 febreiro 2021 pola que se modifica a do 26 novembro 2020 pola que se apoban bases das axudas instalación,reforma a adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración ...

DOG Nº 35 do 22/02/2021

Concorrencia non competitiva

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.