• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Furancho Open Space

 

En que consistirá e por que me vai interesar? Primeiro, porque todas as persoas que asistades poderedes ser poñentes e asistentes, achegando o voso punto de vista a todos os temas que vos interesen. Segundo, porque os temas a tratar serán os elexidos por todos e todas vós. E terceiro, porque o faremos áxil, en formato de pequenas charlas de 45 minutos, propostas e elixidas por vós. Este é o plan:

Servizo gratuito de información, asesoramento e intermediación para ás empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral, e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase  no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar.

Moratoria de pago de cotas de préstamos IDAE

Poderán solicitar a moratoria todos aqueles beneficiarios do financiamento outorgado ao amparo do previsto nos distintos programas de axudas convocados e xestionados por este Instituto, que teñan formalizados contratos de préstamos con cotas cuxo vencemento de pago prodúzase neste ano 2020, excluídas as Administracións e entidades públicas tanto do sector público estatal como autonómico e local, así como os seus organismos e entidades públicas vinculadas ou dependentes, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

Cooperativas: destino do Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade

Autorizase, ao abeiro do artigo 68.2.f) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, as cooperativas galegas que así o determinen en aplicación das liñas básicas fixadas polos estatutos ou pola asemblea xeral, para destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade, exclusivamente durante o exercicio 2020, para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19

Programa de Formación en Tendas Virtuais e Emprendemento

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade.

Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade.

Axudas para reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario

Os ámbitos de aplicación previstos na convocatoria son:

• Téxtiles sanitarios.

• Equipamentos de protección individual (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas...).

• Kits e consumibles de diagnose.

• Alcois e desinfectantes sanitarios.

• Dispositivos de intervención ou tratamento.

• Ventiladores ou os seus compoñentes.

• Elementos para a desinfección.

• Fabricación de maquinaria para a produción destes bens.

• Outros equipamentos necesarios para a prevención e loita contra o COIVID-19 ou o tratamento da enfermidade.