Plans de Reactivación Económica para establecementos de Comercio Minorista.
A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a su actividade durante o periodo de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas como é o caso do sector do comercio minorista.
Dende o Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago estase dende o inicio da crise informando sobre os cambios lexislativos e os programas públicos de axudas dispoñibles, pero dada a extensión no tempo das medidas de confinamento considérase preciso no marco do programa “Compostela Móvese 2022 COVID19” aprobado en Xunta de Goberno Local de 20 de abril de 2020 reforzar o traballo que se está realizando neste servizo con un servizo de consultoría especializados nos sectores identificados como estratéxicos por este.
Para dar cumprimento a este obxectivo o Servizo de Apoio á Empresa lanza este programa de consultoría especializada dirixida a pequenos comercios para a realización dos seus Plans de Reactivación Económica personalizado nos que se inclúan as posibles medidas a tomar durante o confinamento, unha vez superada esta fase e a seis meses vista para o mantemento do negocio.
Cada un dos 15 comercios participantes terá dereito a un máximo de 12 de consultoría especializada por medios telemáticos no sector do pequeno comercio para a realización do seu Plans de Reactivación Económica no que se abordaranse cando menos os seguintes aspectos :
1. Análise do impacto económico no negocio da Crise do COVID-19:
- Clarificar a situación anterior da empresa.
- Coñecer a situación actual da empresa: ERTE, axudas ás que se acolleu, etc.
- Cuantificar as perdas: dano emerxente (gastos fixos) e lucro cesante (vendas non realizadas).
- Determinar a marxe de resistencia do negocio.
- A partires dos datos previos, elaborar un escenario económico.
2. Impacto a nivel de RRHH: análise de cadro de persoal, funcións anteriores e posibles novas funcións a desenvolver. A partires dos datos previos, determinar escenario de cadro de persoal para os seguintes meses.
3. Posicionamento: con base no posicionamento do comercio, posibilidades de cambio.
- Cal era o seu posicionamento?
- En que pensa que debe cambiar o seu negocio, para ser competitivo co previsible novo escenario de mercado?
- Recomendacións de posicionamento ao comercio asesorado.
4. Oferta
- Produtos que vendía: principais e secundarios.
- Produtos que venderá (ou podería vender) coas novas circunstancias.
- Recomendacións ao comercio asesorado relacionadas coa oferta.
5. Competencia
- Quen era
- Como pensa que lle vai a afectar a crise?
- Recomendacións ao comercio asesorado relacionadas coa competencia.
6. Proceso de venda
- Venda presencial
- Venda online
- Colaboracións con outras empresas para vender os seus produtos
7. Promoción do establecemento.
- De modo presencial
- A nivel online
- Colaboracións con outras empresas
- Pertence a algún tipo de asociación ou grupo empresarial
8. Cliente
- Que accións de fidelización ao cliente xa realizaba.
- Pode seguir prestándolle servizo ao cliente durante a corentena? Se non pode, que accións de fidelización pode levar a cabo?
Que accións de captación de clientes xa realizaba? - De que modo pensa que pode seguir captando cliente durante a corentena? Se non pode, que accións de fidelización pode levar a cabo?
- Recomendacións ao comercio asesorado relacionadas coa captación e fidelización de clientes.
9. Consensuar un plan de accións a adoptar por parte da empresa, que servirá para facer o seguimento posterior no que se analizará o impacto das medidas tomadas e se reorientarán de ser o caso en función dos resultados obtidos.
Para a realización das consultorías telemáticas poderase empregar a vía telefónica ou calquera plataforma de videochamada previamente acordada entre a empresa prestataria do servizo e as empresas derivadas á mesma polo persoal técnico do Servizo de Apoio á empresa.
O número de horas previsto por cada Plan de Reactivación Económica (en adiante PRE) será de 12 horas. Estas horas distribuiranse do xeito que máis conveña ao comercio asesorado. En calquera caso existirán unhas pautas básicas de funcionamento que son as seguintes:
- Do total de 12 horas, 2 horas quedarán reservadas necesariamente para facer seguimento.
- A asistencia poderá facerse por diversos medios:
◦ A comunicación prioritaria será por vía telefónica ou por videoconferencia, do xeito que máis conveña á empresas asesorada.
◦ Como apoio empregarase a mensaxería de WhatsApp ou o correo-e, que permitirá o envío de documentación. Novamente estarase ao que máis conveña ao comercio asesorado. - O total de 12 horas calendarizarase do seguinte xeito:
◦ As 10 primeiras horas de asistencia faranse prioritariamente durante os primeiros 30 días de asistencia.
◦ As 2 horas restantes estarán repartidas nos meses seguintes ata agosto, segundo se acorde con cada comercio. - O comercio asesorado poderá contar con 1 ou 2 persoas nas sesións de asistencia. A posibilidade de que participen máis persoas do comercio asesorado, farase de acordo co consultor.
O servizo de consultoría será prestado por Ángel González, consultor de empresas e administración pública con máis de 15 anos de experiencia na consultoría de empresas e unha ampla traxectoria no traballo con comercio minorista, como acredita o seu perfil curricular dispoñible para a súa consulta nesta web.
Solicitaráselle por correo electronico a remisión do certificado de facenda que acredite a cotización da empresa nun epígrafe adicado ao comercio minorista así como que a sedes social, fiscal e cando menos dun establecemento comercial se atopa no Concello de Santiago de Compostela.
Unha vez verificado o cumplimento dos requisitos de acceso e pertenza ao colectivos preferentes comunicaráselle a admisión ao programa mediante correo electrónico de confirmación.
Pequenos comercios con sede fiscal, social e cando menos de un establecemento comercial en Santiago de Compostela. Terán preferencia no acceso segundo a orde indicada a continuación os seguintes colectivos:
- As pequenas e medianas empresas (PEMEs) de menos de cinco traballadores/as.
- As pequenas e medianas empresas (PEMEs) de menos de dez traballadores/as.
- As pequenas e medianas empresas (PEMEs) de máis de dez traballadores.
A admisión realizarase por orde de inscrición dentro de cada un dos colectivos preferentes, previa verificación dos requisitos esixidos coa documentación que se lle solicitará por correo electrónico.
Inscrición no formulario web desta páxina.
O prazo de inscrición permanécera aberto ata completarse as 15 prazas dispoñibles.