• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso Hixiene Alimentaria: Manipulación de alimentos e alérxenos no Mercado de Abastos

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a praceiras e praceiros que teñan o seu negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela e precisen formación en materia de manipulación de alimentos; así como ao persoal que traballa en ditos postos.

PROGRAMA:

 HIXIENE ALIMENTARIA XERAL

  • UD 1 - OS ALIMENTOS: CARACTERÍSTICAS, CONTAMINACIÓN E MANEXO
  • UD 2 - CONSERVACIÓN DOS ALIMENTOS
  • UD 3 – A TEMPERATURA
  • UD 4 – O MANIPULADOR DE ALIMENTOS
  • UD 5 – NORMAS BÁSICAS PARA INDUSTRIA ALIMENTARIA

 NORMAS E REGULACIÓN MERCADOS MUNICIPAIS

  • UD 1 – NORMAS DE REFERENCIA
  • UD 2 – QUÉ E COMO SE PODE VENDER
  • UD 3 – AS OBRIGACIÓNS DA/O PRACEIRA/O

 ALÉRXIAS E INTOLERANCIAS ALIMENTARIAS

  • UD 1 – CARACTERISTICAS E IMPORTANCIA
  • UD 2 – OBLIGATORIEDADES NO SO POSTO
  • UD 3 – CARACTERÍSTICAS ESPECÍFICAS DE CERTOS FORMATOS DE VENTA

 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN:

O programa desenvolverase a Aula Multiusos da Praza de Abastos de Santiago de Compostela o día 23 de maio en horario de  17:00 a 21:00 horas.

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 25 prazas para participar nesta acción formativa.

Dirixido

Esta acción formativa está especialmente dirixida a praceiras e praceiros que teñan o seu posto de negocio na Praza de Abastos de Santiago de Compostela; así como ao persoal que traballa en ditos postos.

No caso de exitir prazas dispoñibles non cubertas por este colectivo poderán participar persoas que posúan un pequeno comercio no Concello de Santiago ou ben sexan traballadoras dun. 

Requisitos
 

Inscrición no formulario web desta mesma páxina.


Emitirase diploma acreditativo sempre e cando se asista ao 100% da formación.