• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Grupo de Emprendemento Creativo

Compostela Móvese, móvese para medrar e facer as cousas ao seu xeito, porque o noso tecido empresarial é rico e diferente e ten identidade propia. Porque queremos visibilizar que este concello está inzado de iniciativas económicas e experiencias que paga a pena coñecer e compartir. Partimos da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas do noso territorio e buscamos artellar espazos de intercambio, formación e crecemento das mesmas. Coa óptica social, colaborativa, territorial e da sostibilidade acompañando cada unha das actividades previstas. Buscando un modelo de desenvolvemento multisector e policéntrico, que contribúa á democratización real do acceso ao emprendemento e á mellora e desenvolvemento do tecido socioeconómico de Compostela
Despois da experiencia de lanzamento con carácter piloto do Grupo de Traballo Creativo Proxecto Caramoniña o ano 2015, a Oficina de Promoción Económica lanza una nova convocatoria dirixida á creación dun novo grupo de emprendemento colaborativo que estará integrado por persoas emprendedoras teñan ou non constituída a súa empresa no momento de acceder a este proxecto.

O obxectivo deste grupo é xerar dinámicas de aprendizaxe compartido, no que as persoas seleccionadas en función da información achegada polas mesmas no cuestionario de inscrición habilitado a tal efecto, colaboren e establezan sinerxías que leven á creación conxunta de proxectos creativos e innovadores, así como a madurar os propios proxectos empresariais e individuais.

A participación no programa implica a asistencia ás 7 sesións formativas cuxos horarios e datas se programarán de acordo cos intereses e necesidades das persoas participantes entre os meses de outubro, novembro e decembro de 2016. A non asistencia a estas sesións poderá dar lugar á perda da praza asignada no Grupo de Traballo Creativo Compostela Móves, que poderá ser ocupada por outra persoa que ou ben estivese en lista de agarda ou se inscribise con posterioridade de esgotarse a lista de agarda. 

O prazo de preinscrición a esta actividade estará aberto dende o 8 ata o 30 de setembro de 2016 ás 14:00 horas.

Do 3 ao 7 de outubro convocarase ás persoas preinscritas para realizar unha entrevista de selección para o programa, entrevista que se realizará no CERSIA Empresa os días 10 e 11 de outubro en horario de 10:00h a 13:00h.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Este  proxecto piloto está dirixido ao empresariado do Concello de Santiago de Compostela así como ás  persoas que desexen iniciar unha actividade empresarial e/ou  queiran adquirir  as competencias precisas para desenvolver a súa actividade emprendedora, extra e intraempresarialmente, dotanto á súa actividade empresarial de dinámicas de cooperación e intercambio de coñecemento entre empresas.
Requisitos
Para participar neste proxecto piloto é preciso formalizar a preinscrición cubrindo o seguinte formulario: formulario