• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto Piloto: Proxecto Colabora de fomento do emprendemento social e o intraemprendemento

Compostela Móvese, móvese para medrar e facer as cousas ao seu xeito, porque o noso tecido empresarial é rico e diferente e ten identidade propia. Porque queremos visibilizar que este concello está inzado de iniciativas económicas e experiencias que paga a pena coñecer e compartir. Partimos da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas do noso territorio e buscamos artellar espazos de intercambio, formación e crecemento das mesmas. Coa óptica social, colaborativa, territorial e da sostibilidade acompañando cada unha das actividades previstas. Buscando un modelo de desenvolvemento multisector e policéntrico, que contribúa á democratización real do acceso ao emprendemento e á mellora e desenvolvemento do tecido socioeconómico de Compostela

E neste contexto é no que a Oficina de Promoción Económica recollendo a necesidade detectada tras moitos anos de xestión e impartición de actividades de formación para o emprendemento lanza este programa piloto do proxecto Colabora un programa pioneiro, de carácter gratuíto que busca promover a participación activa da persoa desempregada e a creación de oportunidades laborais a partir da colaboración entre as persoas participantes

A iniciativa que se basea no método "coaching" comprende o seguemento individual das persoas participantes, a celebración de sesións grupais e a creación dunha comunidade de persoas que colaboren e se axudan no desenvolvemento de proxectos de autoemprego e na busca de emprego. Ademais incorpora actividades formativas en ferramentas para a busqueda de proxectos laborais e mellorar as competencias de cadaquén.

A participación no programa implica a asistencia ás sesións de grupo e individuais programadas. As sesións grupais terán lugar os venres 13,20 e 27 de novembro e 4,11 e 18 de decembro en horario de 9:30 a 14:30h . As sesións individuais de 2 horas quincenais programaranse de acordo cos intereses e necesidades das persoas participantes. A non asistencia a estas sesións poderá dar lugar á perda da praza asignada no proxecto piloto Colabora do Compostela Móvese

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  Este  programa piloto está dirixido ás  persoas do Concello de Santiago de Compotela que desexen iniciar unha actividade empresarial e/ou  queiran adquirir  as competencias precisas para desenvolver a súa actividade prefesional de xeito emprendedor, extra e intraempresarialmente, dotanto á súa actividade profesional de dinámicas de cooperación e intercambio de coñecemento entre persoas.
Requisitos

Para participar neste proxecto piloto é preciso formalizar a preinscrición cubrindo o seguinte formulario .

O prazo de preinscrición a esta actividade estará aberto dende o 16 de outubro ata o 6 de novembro de 2015 ás 15:00 horas.