• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario de Inicio ao Comercio Exterior

 AJE A Coruña en colaboración con Banco Sabadell e o Concello de Santiago organizan este seminario formativo dirixido a todas aquelas empresas que queiran iniciarse no comercio exterior.

 Sacar unha empresa ao exterior non é tarefa sinxela. Se xa é complexo coñecer en profundidade todo o que ocorre no mercado nacional, imaxinemos a dificultade que ten coñecer ao detalle todo tipo de cuestións referentes a outros mercados que están fora do noso ámbito de acción como empresa. Para axudar a coñecer e superar as dificultades que implica o acceso ao mercado exterior este seminario aportará pistas e información para o empresariado que se atopen nun proceso de iniciación ao comercio exterior ou que esté interesado no mesmo.

O seminario será impartido por  Javier Balbín Botello, Director Territorial de Comercio Exterior do Banco Sabadell para Galicia e Castela quen conta con máis de 30 anos de experiencia profesional no sector da banca, a meirande parte deste tempo ocupando postos de responsabilidade en Negocio Internacional. 

Programa:

  • Os riscos do exportador
  • O Contrato, ¿qué todo contén?
  • Garantías bancarias
  • Repaso aos medios de pago internacionais
  • Resolución de disputas. Medidas preventivas e paliativas
Requisitos
O seminario celebrarase o venres 5 de decembro ás 9:30 horas no EDIFICIO CERSIA empresa, Rúa do Alcalde Raimundo López Pol s/n Santiago de Compostela

Inscripcións en info@ajecoruna.com ou chamando ao 981915635