Curso de Planificación Estratéxica: Perseguindo unha meta. Da estratexia medieval ao éxito empresarial
Acadar unha meta. Fixarse obxectivos por etapas. Camiñar de xeito estruturado. Algo común para os peregrinos pero afastado para moitas empresas. A planificación estratéxica é a folla de ruta que permite trazar carreiros certeiros ás empresas. Neste curso trataremos de abordala co obxectivo último de racionalizar os recursos e procesos da empresa, aliñándose cos seus obxectivos e misión.
Aspiración Formativa
Con este módulo formativo pretendemos formar aos asistentes en planificación estratéxica. Con isto axudarémoslloes a exporse obxectivos e metas, asó como a acadalos de xeito estruturado, cambiando a frustración por satisfacción e felicidade.
Exemplo formativo
O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o Camiño de Santiago. Un Camiño por etapas cunha clara misión e unha visión definida.
Datas e horarios
- Grupo 1: 3, 4 e 5 de setembro- 15 prazas .- Horario de 10.00 a 14.00 h.- Remate inscrición 28/08/2012
- Grupo 2: 6 e 7 de setembro .-15 prazas .- Horario de 16:00 a 21.30 h.- Remate inscrición 28 /08/2012
- Grupo 3 : 10, 11 e 12 de setembro.- 15 prazas.- Horario de 10.00 a 14.00 h .-Remate inscrición 28/08/2012
Documentación :
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para persoas en activo : copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras : rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes : acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego.
A persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición. A admisión ao curso comunicarase por email unha vez rematado o prazo de inscrición ao mesmo.