Seminario práctico "Creatividade sen excusas"
Seminario práctico, de 5 horas de duración, dirixido a empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo do tecido empresarial de Compostela.
Nº de prazas: 200
Data límite de inscrición: Ata o martes 26 de xuño ás 14.00
Obxectivos:
- Recoñecer e entender opapel da creatividade no mundo nos negocios
- Ter unha visión xeral das tendencias que teñen maior impacto no xeito de facer negocios e de traballar
- Identificar os aspectos do negocio nos quepoden aplicarse técnicas de creatividade
- Aplicar as técnicas aprendidas a distintas actuacións e desafíos profesionais e empresariais
- Mirar e comprender a realidade dende unha perspectiva diferente
- Buscar activamente as oportunidades que hai detrás dos desafíos
- Implementar novas prácticas no ámbito profesional que faciliten a xeración de novas e mellores ideas
- Intro: O mundo de hoxe
- Como se funciona ben no século XXI?
- Creatividade = Talento + Práctica
- Práctica e dinámicas
- Feedback e peche
Dirixido
A empresariado, persoas emprendedoras e traballadores en activo do tecido empresarial de Compostela.
Requisitos
Inscrición dentro do prazo previsto.
Enlaces