O Concello de Santiago e EspazoCoop organizan a xornada "Mulleres, líderes na economía social"
A Casa das Mulleres Xohana Torres acollerá o próximo 1 de outubro a xornada "Mulleres, líderes na economía social", organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude en colaboración coa Unión de Cooperativas Espazocoop. A concelleira María Rozas explicou hoxe que o obxectivo é "mostrar as oportunidades que ofrecen a economía social, nomeadamente o cooperativismo, para o empoderamento das mulleres e o desenvolvemento de liderados femininos".
A Xornada " Mulleres líderes na economía Social" é unha iniciativa realizada dentro do programa de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, que busca visibilizar as capacidades das mulleres para emprender e dirixir proxectos empresariais existosos, presentando boas prácticas favorecedoras do liderado das mulleres en empresas cooperativas e de economía social.
Na xornada contaremos coa participación institucional de María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira Tenenta de Alcaldesa, Concello de Santiago de Compostela, e de Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
A Xornada "Mulleres, líderes na economía social" celebrarase o 1 de outubro na Casa Xohana Torres, en horario de 9:45 a 14:00 horas. Ao longo da mañá están prevista diferentes palestras e intervencións coas que as asistentes poderán coñecer diferentes experiencias ligadas á economía social. A primeira delas será a de Dolores Calvo, presidenta da cooperativa Condes de Albarei, e da asociación "Nós as Mulleres". Tras dela, celebrarase un panel sobre mulleres líderes na economía social galega, coa participación de Rosa Salgado, de Miraxe; Silvia Alende, de Accede Social, e Charo González, da empresa de inserción Corno Integral.
A xornada completarase cun panel sobre liderados femininos emerxentes, con Cristina Fiaño, de Urdime; Claudia Rodríguez da sociedade cooperativa Alén, e Ana Corredoira, da sociedade cooperativa As vacas da Ulloa. Por último, haberá un debate, no que intercambiarán pareceres e experiencias os poñentes e o público asistente
Inscrición e información
Inscrición: a través do seguinte formulario neste enlace
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfEDmb-jCZnXGKAP-n4uZu7Q1OOG9WZzCbJ1j0ZqouS7nwZ4w/viewform
Mais información s://espazo.coop/wp-content/uploads/2024/09/programa_Xornada-MULLERES-LIDERES-ES_2024.pdf
Mulleres emprendedoras interesadas nas posibilidades que ofrece o traballo en equipo, mediante a fórmula cooperativa.
Cooperativas e outras empresas de economía social interesadas en contar con referenrtes e coñecer experiencias d liderado que sexan unha aprendizaxe para a súa empresa ou entidade
Persoas do tecido social, asociativo e da economía social de Santiagode Compostela
Cidadanía en xeral
Para participar nas xornadas é preciso realizar a inscrición na web https://espazo.coop/