• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convovadas as axudas de Agacal para realización de accións de cooperación nos sectores agroalimentarios,agrícola e forestal

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria ( Agacal), abriu a convocatoria de axudas para financiar proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.

O desenvolvemento pode entenderse tanto na incorporación de novidades como na aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías existentes en condicións onde tradicionalmente non se utilizaron anteriormente. Con todo, os proxectos xa realizados en territorios e condicións similares non poderán ser financiados. En ningún caso financiaranse proxectos de investigación básica ou fundamental.

Beneficiarios e requisitos da convocatoria.-

  • Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandería e/ou silvicultura.
  • Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Prazo de presentación de solicitudes.-

As solicitudes deben realizarse a través a sede electrónica da Xunta de Galicia antes do 18 de marzo de 2021.