Obradoiro: Formación para cadros directivos de cooperativas
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:
FORMACIÓN PARA CADROS DIRECTIVOS DE COOPERATIVAS
Datas: do 2 ao 20 de marzo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 3 e 18 de marzo de 11:00 a 12:30 h
Duración: 20 horas
Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cadros directivos de cooperativas ou que estan interesadas en desenvolver as súas capacidades para desempeñar estas funcións.
Obxectivos:
- Desenvolver unha axeitada función directiva. Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión cooperativa.
- Poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas .
- Coñecer recursos e ferramentas útiles.
- Crear redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades directivas e xerenciais.
Programa:
- Economía social, unha forma propia de facer empresa
- As habilidades sociais para a cooperación
- A área comercial e de mercado e área económico-financeira
- A planificación estratéxica e ferramentas para o plan de mellora
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop